A enseada de San Simón é a enseada na cabeceira da Ría de Vigo. É un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC) e que chega ata o estreito de Rande, acollendo as salinas de Ulló, a illa de San Simón e as illas Alvedosas.

Xeografía e xeoloxía Está situada na cabeceira interior da ría de Vigo, que é un esteiro. Comeza no estreito de Rande e baña os concellos de Redondela, Soutomaior, Vilaboa e Pontevedra. De norte a sur mide sete quilómetros de longo.

Flora e fauna Flora Na zona intermareal das augas do esteiro, que son de lama e area, abundan as pradeiras de algas denominadas Zosteretum marinae e Zosteretum noltii. Destaca a vexetación halófita.

Fauna Entre as especies animais propias da zona están o choco, polbo, lura, sardiña, rapante, faneca, muxo, cabaliño de mar, ameixa, berberecho, navalla ou carallote e o mexillón.

No esteiro hai aves anátidas e aves limnícolas, que paran na enseada durante as súas migracións.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía (2009): Sal, sardiñas e peiraos. Achega ao patrimonio marítimo na Enseada de San Simón. Asociación Cultural Alén Nós de Redondela. Outros artigos Batalla de Rande Salinas de Ulló Zonas especiais de conservación en Galicia Ligazóns externas https://natura2000.eea.europa.eu/Natura2000/SDF.aspx?site=ES1140016 https://eunis.eea.europa.eu/sites/ES1140016