Eugenio Arbones Castellanzuelo, nado en Ponteareas o 18 de setembro de 1881 e finado en Vigo o 15 de setembro de 1936, foi un médico e político, asasinado polos sublevados ó comezo da guerra civil.
Traxectoria miniatura|"Neste lugar ás dúas beiras da estrada ao mencer do 15 de setembro de 1936 apareceron asasinados polos fascistas os corpos deMarcial Araújo CondeEugenio Arbones CastellanzueloLuís Bilbatúa ZubeldiaSegundo Echegaray GarcíaAdolfo Morgade PazosAbraham Muñoz ArconadaInocencio Taboada Montoto.O pobo non esquece. 15 de setembro de 2007." Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e especializouse en Alemaña, rematando os estudos en Berlín en 1909. Acadou o doutoramento en Madrid en 1910. Chegou a ser un coñecido xinecólogo. Viviu en Vigo a maior parte da súa vida. Foi colaborador habitual do semanario El Tea e a partir de 1911 inclinouse cara ao movemento agrario como propagandista independente e participou na campaña antiforista.
Evolucionou dende o agrarismo ao socialismo e foi vicepresidente do PSOE de Vigo entre 1923 e 1930, e deputado nas eleccións xerais de 1931 pola provincia de Pontevedra na Conxunción Republicano-Socialista-Agraria. En 1933 a candidatura do Partido Socialista por Pontevedra non pactou con ningún outro grupo político, polo que resultou derrotado finalmente. Colaborou en Renovación e foi vogal no consello nacional do PSOE. Non se presentou ás eleccións de febreiro de 1936.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 asistiu aos feridos no hospital municipal; as autoridades militares non o detiveron nin o acusaron, pero a raíz da denuncia doutro médico foi detido no Frontón e asasinado polos falanxistas en Cabral o 15 de setembro,Gran Enciclopedia Galega.Dicionario biográfico de Galicia. con Segundo Echegaray García, Abraham Muñoz Arconada, Luís Bilbatúa Zubeldia, Inocencio Taboada Montoto, Marcial Araújo Conde e Adolfo Morgade Pazos.
Obras Problemas fundamentales de la gestación, 1929.
Vida persoal
En decembro de 1912 casou con Carmen Paz, filla do seu colega Nicolás Paz Pardo.El Correo de Galicia: Diario independiente de avisos y noticias (31/12/1912). Tiveron unha filla, Eugenia. A nai, Carmen, morreu no verán de 1914 vítima dunha epidemia de tifo. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Nicolás Paz Pardo (sogro).
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados nas Cortes da II República
Categoría:Políticos do PSOE
Categoría:Médicos de Ponteareas Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Ponteareas Categoría:Nados en 1881 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Xinecólogos