O 24 de agosto e o 236º día do ano do calendario gregoriano e o 237º nos anos bisestos. Quedan 129 días para finalizar o ano.
Acontecementos 394 - Grávase a derradeira inscrición coñecida na escritura xeroglífica exipcia, na illa de Filae. 410: Saqueo de Roma polos visigodos de Alarico I que aproveitan para facer prisioneira a Gala Placidia, irmá do emperador Honorio. 1391 - Xudeus son masacrados en Palma. 1511 - Afonso de Albuquerque, de Portugal, conquista o Sultanato de Malaca, actualmente parte da Malaisia 1572 - Matanza do día de San Bartolomeu, máis de 3.000 hugonotes son asasinados na cidade de París a mans dos católicos. 1690 - Fúndase Calcuta, na India. 1954 - Getúlio Vargas, presidente do Brasil mátase dun tiro no corazón. 2006 - Plutón deixa de ser considerado un planeta, para pasar a ser un planeta anano.
Nacementos miniatura|100px|Yasser Arafat. 1690 - Bartolomé de Raxoi, arcebispo de Santiago (m. 1772). 1826 - Marcial del Adalid, músico galego. 1856 - Manuel Allendesalazar Muñoz, político vasco (m. 1923). 1899 - Jorge Luis Borges escritor nado na Arxentina (m. 1986). 1903 - Graham Sutherland, pintor inglés (m. 1980). 1904 - Ramón Castroviejo Briones, oftalmólogo español que realizou en 1932, o primeiro transplante de córnea, nos Estados Unidos. 1924 - Manuel Ceferino Míguez Barreiro, economista e escritor galego. 1928 - Antonio Ozores, actor español. 1929 - Yasser Arafat, líder palestino (m. 2004). 1941 - Carlos Casares Mouriño, escritor galego (m. 2002). 1944 - Paulo Leminski, escritor brasileiro (m. 1989). 1951 - Víctor F. Freixanes, xornalista, editor e escritor galego 1947 - Paulo Coelho, escritor brasileiro. 1962 - Claudio Pato, poeta galego.
Mortes 1540 - Parmigianino, pintor italiano (n. 1503). 1666 - Francisco Manuel de Melo, escritor, político e militar portugués (n. 1608). 1832 - Sadi Carnot, físico e enxeñeiro francés (n. 1796). 1940 - Paul Nipkow, inventor alemán (n. 1860). 1943 - Simone Weil, filósofa francesa. 1954 - Getúlio Vargas, presidente brasileiro. 1966 - Lao She, escritor chinés (n. 1899). 1979 - Hanna Reitsch, piloto alemá (n. 1912). 1982 - Francisco Vales Villamarín, historiador e profesor galego (n. 1891). 1997 - Tete Montoliu, pianista e compositor de jazz catalán (n. 1933).
Festas e celebracións Festa de San Bartolomeu.
Outros Santoral: San Bartolomeu.
Os 366 días do ano
Ver tamén - meses: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro
Categoría:Agosto