200px|miniatura|A grande praza de Harleem por Gerrit A. Berckheyde (1696). Gerrit Adrianszoon Berckheyde, nado en Haarlem en 1638 e finado na mesma cidade o 10 de xuño de 1698, foi un pintor neerlandés do Barroco.

Traxectoria Berckheyde foi discípulo de Frans Hals e do seu propio irmán Job Andrieszoon Berckheyde. Con este viviu un tempo na cidade e corte de Heidelberg e logo en Haarlem.

Pintou sobre todo vistas, con pequenas figuras humanas, de Haarlem, Ámsterdan, Colonia, Bonn e Heidelberg. As súas obras principais figuran, especialmente, nos museos de Ámsterdan e Anveres, Kassel (Pastores), Dresden (a Damplatz de Ámsterdam) e Schwerin.

Véxase tamén

Categoría:Pintores dos Países Baixos Categoría:Nados en Haarlem Categoría:Nados en 1638 Categoría:Finados en 1698