miniatura|dereita|Situacón das illas Bounty en relación con Nova Zelandia, e outras illas periféricas. A Illas Bounty son un pequeno grupo de 13 illotes e numerosas rocas no sur do océano Pacífico que forma parte de Nova Zelandia. Están localizadas entre 47°44'35" e 47°46'10" de latitude sur, e 179°01' e 179°04'20" de lonxitude este, 650 quilómetros ao sueste da Illa Sur de Nova Zelandia. O arquipélago está deshabitado, pero densamente poboado polos pingüíns e os albatros. Durante o século XIX, era unha zona de caza de focas.

O arquipélago ten tan só 5 quilómetros no seu eixo máis longo, e comprende tres subgrupos, o Grupo Principal cara ao NW, o Grupo Central e o Grupo do Leste. A área total é só 1'3 km², e o punto máis alto é de 73 metros sobre o nivel do mar, na illa Funnel. As illas Bounty foron descubertas polo Capitán William Bligh en 1788 e chamadas así polo seu barco, meses antes do coñecido motín do Bounty.

As 13 illas

Grupo Principal (): Illa Depot (a máis grande) Illa Lion Illa Penguin Illa Proclamation Illa Ranfurly Illa Ruatara Illa Spider Illa Tunnel Grupo Central (): Illa Castle Illa Funnel (illote principal) Illa Prion Grupo do Leste (): Illa Molly Cap (illote principal) Roca North

As illas están nas antípodas de Bouillé-Ménard, na rexión do País do Loira, en Francia.

Categoría:Illas de Nova Zelandia