Jorge de Benito Algora, nado en Madrid o 27 de xaneiro de 1963, é un director de cine galego.

Traxectoria Despois de estudar no Conservatorio Superior de Música de Madrid e na Real Escola Superior de Arte Dramática, dedicouse a traballar na dirección e realización de filmes documentais, programas de televisión e anuncios de publicidade. Dende 1986 vive e traballa en Galicia, onde posúe unha empresa produtora.

Filmografía seleccionada Documentais Comarcas de Galicia (1993-1995, documental de 8 capítulos; realización) Descúbreme (1993, documental de 4 capítulos; dirección e realización) Emigrantes en terra de emigrantes (2002, documental; dirección) Galicia visual (2002-2003, documental seriado de 104 capítulos; dirección) Terra de náufragos (2003, documental; dirección) Camiño de Santiago. A orixe (2004, longametraxe documental; dirección e guión) Destino a festa (2007, documental; dirección e guión)

Producións para televisión Mentíndolle á vida (2005, TV movie; dirección e guión)

Longametraxes de ficción O neno de barro (2007, longametraxe). Obtivo por este filme o premio Paoa, do Festival Internacional de Cine de Viña del Mar. Obtivo nove galardóns nos premios Mestre Mateo en 2007, entre eles o de mellor guión, mellor longametraxe e mellor dirección.

Véxase tamén Ligazóns externas Blog de Jorge Algora

Algora, Jorge Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1963 Categoría:Premio Mestre Mateo á mellor dirección