Kurt Alder, nado en Königshütte o 10 de xullo de 1902 e finado en Colonia o 20 de xuño de 1958, foi un químico alemán que gañou o Premio Nobel de Química canda a Otto Diels en 1950.
Traxectoria Nado na Alta Silesia, despois da primeira guerra mundial tivo que deixar a súa terra natal por razóns políticas. En 1922 comeza a estudar química na Universidade de Berlín, e posteriormente na de Kiel, onde coñece a Diels.
No ano 1934 comeza a traballar na IG Farben Industrie en Leverkusen, onde traballou no caucho sintético. En 1940 foi nomeado profesor de Química experimental e técnica na Universidade de Colonia, a pesar das dificultades ocasionadas pola segunda guerra mundial continou as súas investigacións na síntese dos compostos orgánicos, publicando máis de 150 artigos neste campo.
En 1950 recibiu o Premio Nobel de Química compartido con Diels polos seus descubrimentos sobre a síntese diénica (reacción Diels-Alder) miniatura|150px|esquerda|Tumba de Kurt Alder
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1950 Biografía na páxina do Instituto Nobel
Categoría:Químicos de Alemaña Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1958 Categoría:Nados en Chorzów Categoría:Alumnos da Universidade Humboldt de Berlín Categoría:Premios Nobel de Alemaña