A Cruz Negra Anarquista (CNA) é unha organización a nivel mundial de grupos autónomos que promove a liberdade dos presos políticos, anarquistas e non anarquistas. Esta organización humanitaria internacional, ademais, proponse a abolición dos sistemas penitenciarios apoiando diversas alternativas aos cárceres, como un sistema de indemnizacións e compensacións materiais ou traballos comunitarios, sempre que haxa crime con vítima ou afectado particular (se non, non consideran que haxa delito). Dende o comezo da súa historia ata a actualidade logo do seu rexurdimento, a Cruz Negra ten sido e é obxecto de persecucións por parte das autoridades tanto en réximes demoliberais como en estados socialistas.Historia, alegatos y otros cuentos de la caza de brujas contra la CNA/ABC.

Historia 130px|esquerda|miniatura|Símbolo da Cruz Negra Anarquista

As orixes da organización datan da Revolución Rusa. Creouse unha institución á que se chamou Cruz Vermella Anarquista para organizar a axuda aos prisioneiros políticos e ás súas familias do réxime tsarista. Foi durante a guerra civil rusa, cando se lle deu o nome á organización de Cruz Negra Anarquista para evitar confusións coa Cruz Vermella que tamén estaba a actuar no país.

Trala chegada ao poder dos bolxeviques en Rusia, a Cruz Negra Anarquista trasládase a Berlín onde continúa a axudar a prisioneiros políticos do réxime bolxevique, así como aos disidentes italianos ao réxime de Benito Mussolini. Co aumento de solicitudes de axuda, a organización vense abaixo na década de 1940 ao ter dificultades de financiamento.

A finais da década de 1960 a organización rexorde en Gran Bretaña por iniciativa de Stuart Christie e Albert Meltzer e dedícase a axudar á resistencia española antifranquista e aos presos políticos anarquistas do réxime de Francisco Franco.

Na década de 1980 a organización expandiuse, tendo na actualidade diferentes grupos en varias rexións do mundo, cunha importancia considerábel en campañas nos Estados Unidos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Anarchist Black Cross (en inglés) ¿Qué es la Cruz Negra Anarquista? - Fonte consultada para a confección deste artigo La hidra penitenciaria (La historia de la Cruz Negra Anarquista/ Anarchist Black Cross) Cruz Negra Anarquista - Bogotá

Cruz Negra Anarquista - Federación Ibérica Cruz Negra Anarquista - Venezuela / Rede Latina de CNA , Sala de novas da Rede Latina de CNA Cruz Negra Anarquista - São Paulo Kamina Libre - Chile Cruz Negra Anarquista - Venezuela

Categoría:Anarquismo