Carson City é a capital do estado de Nevada, nos Estados Unidos de América. No censo do 2000, a poboación resultante era de 52.457. Carson City é agora unha cidade independente, non é parte de ningún condado.
Como moitas cidades e pobos en Nevada, Carson City foi fundada nos anos do boom da procura de minas e minerais, e no caso de Carson City foi a prata. A cidade máis grande en Nevada é Las Vegas.
Xeografía miniatura|esquerda|Capitolio de Nevada, Carson City. Carson City está localizado nos paralelos 39º9´39" Norte e no 119º45´14" Oeste. A súa zona horaria é a Oeste.
De acordo coa Axencia Xeográfica dos Estados Unidos, Carson City ten unha área total de 403.2 km², dos cales, 371.3 km² son terra firme e 31.9 km² é auga.
Carson City atópase na parte máis oeste de Nevada, e as súas terras limitan co lago Tahoe polo oeste.
Demografía Segundo o censo de 2000 a poboación de Carson City é de 52.457 habitantes, o que representa unha densidade de 141 habitantes/km². Na cidade hai 20.171 vivendas e 13.252 familias.
A configuración racial da cidade é sinxela. O 85.30% da poboación é branca, o 1,80% son afroamericanos, 2,40% son indios nativos americanos, o 1,77% son asiáticos e o 14,23% da poboación son hispanos ou latinos.
Cultura Museo Estatal de Nevada Museo Estatal do Ferrocarril de Nevada
Véxase tamén
Outros artigos
Casa da Moeda de Carson City
Ligazóns externas - Páxina web oficial do goberno da cidade.
Categoría:Cidades de Nevada