A Quenlla é un grupo galego fundado no ano 1984 por varios músicos, entre os que se atopaban Mini e Mero, ex-compoñentes históricos do grupo Fuxan os Ventos. O proxecto da Quenlla naceu coa intención de elaborar un estilo próximo ao folk e á música tradicional galega, pero sen abandonar a temática social e reivindicativa, un aspecto que Fuxan os ventos viñera descoidando. Á formación inicial, de só tres persoas, fóronse sumando distintos músicos, até acadar a decena.

As letras da Quenlla baséanse en dúas fontes: a música tradicional e os escritores galegos, sendo moi numerosas na súa discografía as adaptacións de diferentes poemas de Celso Emilio Ferreiro, Manuel María, Darío Xohán Cabana ou Xosé Luís Méndez Ferrín, así como a inclusión nos discos de textos recitados.

Outra característica do grupo é unha certa tendencia a facer discos temáticos, como xeito de incidir nunha determinada mensaxe. Así Európolis '88 é unha crítica feroz á Unión Europea; A casa que nunca tivemos, unha reflexión metafórica sobre Galiza e o amor á terra; e Namórate da vida, un canto contra os perigos da droga (este disco foi feito en colaboración coa Federación Galega de Asociacións de Axuda ó Drogodependente).

En 2010 publicaron Os Irmandiños.

O grupo tamén ten colaborado numerosas veces poñendo banda sonora a distintos documentais e outras obras videográficas.

Discografía Traballos Os tempos inda non, non son chegados (1986) Európolis '88 (1988) Máis alá da néboa (1990) Terra (1992) Nadal en galego: Galicia canta ó neno (1993) A casa que nunca tivemos (1996) Namórate da vida (1999) Silencios na memoria (2004) 17 canciones de troula (2007) Os Irmandiños (2011) 30 anos con A Quenlla. De amor, dor e loita (2014) Desorballando outonos (2014)

Colaboracións e discos colectivos Xogando coa música 1 (1997) Xogando coa música 2 (1998) Chill Out Celta en Galicia (2004)

Recompilatorios As nosas cancións. Vol. 1 (1997) As nosas cancións. Vol. 2 (1998)

Bandas Sonoras Galicia: 70 anos de nacionalismo (1988) Historia da Lingua Galega (1988) Longa noite de pedra (1989) Luís Pimentel: máis alá da néboa (1990) Patria poética (1991)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial (desactualizada) Vídeo musical: Historia da lingua galega

Categoría:Música de Galicia sen imaxes Categoría:Grupos galegos de música tradicional