Cheryl Sarkisian, nada en El Centro (California) o 20 de maio de 1946, é unha cantante, bailarina e actriz estadounidense, máis coñecida como Cher. A súa carreira, que abarca máis de seis décadas, foi marcada por varios cambios de imaxe e nalgúns momentos pola controversia. Cher vendeu máis de 100 millóns de discos dos seus máis de 25 álbums.Cher inks 3-year deal for Caesars Palace shows, Today
Unha das súas cancións máis coñecidas dos anos 1990 é Believe (unha das primeiras nas que se usou o autotune).
Traxectoria Primeiros anos (1946-1961) esquerda|thumb|Cher en 1960.|170px Cher naceu en El Centro, California, o 20 de maio de 1946. O seu pai, John Sarkisian era de ascendencia armenia e a súa nai, Georgia Holt (nada como Jackie Jean Chourch), foi unha aspirante a actriz e modelo de ascendencia irlandesa, inglesa, alemá e cherokee.: Sarkisian's profession; : Sarkisian's nationality and personal problems, Crouch's profession; : Crouch's ancestry. Os seus pais tiveron unha relación tormentosa e divorciáronse en Reno, cando Cher tiña 10 meses de idade; eles casarían e divorciarían en dúas ocasións máis.: Cher's parents divorcing when she was ten months old; : Cher's father was rarely home when she was an infant. Her parents married and divorced three times. O terceiro dos oito matrimonios de Holt foi co actor John Southall, pai da medio-irmá de Cher, a actriz Georganne LaPiere. Aínda que o seu matrimonio terminou cando Cher tiña nove anos, ela considérao como o seu verdadeiro pai e lémbrao como «un bo home quen se volvía agresivo cando bebía demasiado». Como Holt casou e divorciou en moitas ocasións, a familia desprazouse de cidade en cidade (incluíndo Nova York, Texas e California) e non posuían moito diñeiro.: Cher's family often had little money; : Cher's family moving from place to place. Chegado o intre, Holt tivo que deixar a Cher nun orfanato e aínda que ambas se vían a diario, atoparon esta experiencia traumática.
A súa familia notou a súa creatividade cando produciu o musical Oklahoma! para a súa clase. Segundo a biógrafa Connie Berman, «Cher conseguiu que un grupo de nenas se reunisen para dirixilas e crear rutinas de baile. Como non podía facer que os nenos formasen parte do grupo, ela interpretaba os papeis de home e cantaba as súas cancións. Mesmo a esa idade, tivo unha inusual voz grave». Malia o difíciles que foron os matrimonios da súa nai, Cher quixo ser famosa dende a súa nenez, pero pensaba que non era atractiva nin talentosa. Ela mesma comentou nunha entrevista: «Non podía pensar noutra cousa que eu puidese facer... Non pensei se sería cantante ou actriz, só pensaba, ben, serei famosa, esa é a miña meta».
En 1961, Holt casou co banqueiro Gilbert LaPiere, que adoptou a Cher e á súa medio irmá e inscribiunas na escola privada Montclair Prep, en Encino (Os Ánxeles). Como o padrasto de Cher, os pais dos estudantes do Montclair Prep eran enriquecidos. Tal escola presentoulle a Cher un cambio na súa vida, Bernan escribiu: «ela destacou doutros pola súa rechamante aparencia e a súa extrovertida personalidade». Un compañeiro de Cher recalcou: «Nunca esquecerei a primeira vez que vin a Cher. Era tan especial... parecía unha estrela de cinema, alí e agora... ela dixo que ía ser unha estrela de cinema e soubemos que o faría». Malia non ser a mellor da súa clase, Cher era considerada intelixente e creativa. Habitualmente obtiña boas notas e íalle ben en francés e inglés. Máis tarde, aos 30 anos, diagnosticáronlle dislexia, un trastorno que lle impediu aprender con facilidade e fíxoa retirarse da escola a unha idade moi temperá. Tamén logrou notoriedade polo seu comportamento infrecuente: entretiña a outros estudantes durante a hora de descanso, cantando e escandalizando a outros ao utilizar un top, sendo a primeira muller entre a multitude en facelo. Cher declarou: «Nunca estiven realmente na escola, sempre estaba a pensar sobre cando crecería e sería famosa». Naqueles anos mantivo unha esporádica relación co actor Warren Beatty.
Inicios profesionais (1962-1965) Aos 16 anos, Cher deixou a escola e a casa da súa nai para mudarse a Os Ánxeles cunha amiga, onde tomaron clases de actuación e tiveron diversos traballos para sosterse. Bailou en pequenos clubs preto do Sunset Strip en Hollywood, presentándose fronte a outros artistas e axentes. Segundo a biógrafa Connie Berman, «non vacilaba en aproveitar nada que lle puidese dar oportunidades, facer contactos ou conseguir unha audición». En novembro de 1962, Cher coñeceu a Sonny Bono namentres traballaba na gravación «Wall of Sound» do produtor Phil Spector. Pouco despois, a amiga de Cher deixou o apartamento onde vivían e ela aceptou a oferta de Sonny de ser a súa ama de chaves. Nun intre chegaron a ser amigos moi próximos, máis tarde noivos e en outubro de 1964 comezaron a vivir en parella sen contraer matrimonio. Sonny levou a Cher perante Spector, que a incluíu como vocalista en moitas gravacións clásicas, tales como «You've Lost That Lovin' Feelin'» de The Righteous Brothers e «Be My Baby» de The Ronettes. Tamén produciu o seu primeiro sinxelo adicado a Ringo Starr, «Ringo, I Love You», baixo o nome artístico Bonnie Jo Mason, que non tivo éxito comercial. Máis tarde en 1964, Cher emerxeu con Sonny como dúo co nome de Caesar & Cleo, con sinxelos como «The Letter», «Do You Wanna Dance» e «Love Is Strange», pero recibiron pouca atención.
A finais de 1964, Cher (coñecida por aquela época como Cherilyn) asinou un contrato con Liberty Records, con Sonny como o seu produtor. O seu segundo sinxelo como solista, «Dream Baby», conseguiu coarse na radio dos Ánxeles, sendo un éxito a nivel local. Xa en 1965, Cher lanzou o seu primeiro álbum de estudio titulado All I Really Want to Do, descrito por Tim Sendra de Allmusic como «unha das gravacións de folk-pop máis fortes da época». O álbum entrou no top 20 do Billboard 200 e permaneceu seis meses na lista. A canción que dá nome ao álbum foi a versión feita pola cantante dunha composición de Bob Dylan e acadou o posto 15 no Billboard Hot 100 dese ano.
Ascenso á sona de Sonny & Cher (1965-1967) thumb|esquerda|Sonny & Cher chegando aos Países Baixos en 1966. Namentres tanto, Sonny & Cher, que xa eran coñecidos, asinaron con Reprise Records e lanzaron o seu primeiro sinxelo «Baby Don't Go». A canción chegou a ser un éxito maior nos Ánxeles e acadou o posto 8 no Hot 100, tras o cal os contrataron no selo discográfico Atco, división de Atlantic Records. O seu primeiro álbum, Look At Us (1965), permaneceu no segundo posto do Billboard 200 durante cinco semanas. O sinxelo «I Got You Babe»,: Look at Us spending five weeks at number two on the Billboard 200;: Sonny & Cher releasing their first album for Atco Records. liderou o Billboard Hot 100 e converteuse nun dos «sinxelos de pop/rock máis queridos de metade da década».: "I Got You Babe" topped the Billboard Hot 100;: The song became "one of the biggest-selling and most beloved pop/rock hits of the mid-'60s". Outros sinxelos de mediano éxito que lle seguiron foron «Just You», «But You're Mine», «What Now My Love», «Little Man» e «The Beat Goes On». Con este último, o dúo ingresou de novo no top 10 dos Estados Unidos. Sonny & Cher enlistaron 11 cancións no top 40 do Billboard entre 1965 e 1972, incluíndo seis no top 10 e rexistraron vendas de 40 millóns de discos. Chegaron a colocar en lista cinco cancións no top 20, igualando a artistas como Elvis Presley e The Beatles. Para finais de 1967, o dúo converteuse, segundo Ginia Bellafantek, editora da revista Time, na «parella do rock».
Sonny & Cher chegaron a ser un fenómeno similar á Beatlemania, viaxando e actuando ao redor do mundo e grazas ao seu «suave son» e «cálida harmonía», competiron con éxito fronte a outras tendencias da época como a invasión británica ou o son Motown.
Tras unha aparición en The Ed Sullivan Show no outono de 1965 no que Sullivan presentou erroneamente á cantante como "Chur", Cher empezou a escribir o seu nome cun acento agudo: Chér, un signo tipográfico que a acompañou até 1974. Axiña, o dúo comezou a facer aparicións en famosos programas de televisión da época, tales como American Bandstand, Hollywood Palace, Beat Club, Hullabaloo e Shindig!. Para disfrazar o seu medo escénico, Cher sacudía esporadicamente o cabelo de Sonny Bono, xesto que se converteu nun símbolo da parella.
Coa súa exótica aparencia, Cher puxo de moda os pantalóns de campá e os accesorios «hippy» que lucía no escenario e chegou mesmo a deseñar a súa propia liña de roupa. Entre 1966 e 1967, a artista lanzou en solitario The Sonny Side of Chér, Chér e With Love, Chér. Entre eles sobresae a canción «Bang Bang (My Baby Shot Me Down)», que alcanzou o segundo posto do Hot 100 e converteuse no seu primeiro sinxelo en superar o millón de copias vendidas. «Alfie» serviu como tema central da película homónima e recibiu un nomeamento ao Óscar á mellor canción orixinal. Á súa vez, «You Better Sit Down Kids» acadou o "top 10" nos Estados Unidos.
Incursión no cinema e primeiro matrimonio (1967-1970) A década de 1960 estaba a finalizar e a monogamia de Sonny & Cher e o estilo de vida libre de narcóticos estaban a pasar de moda coa chegada do hard rock, a psicodelia e a cultura da droga.: Sonny and Cher's anti-drug position during the height of the drug culture; : The couple's monogamous marriage during the period of the sexual revolution. Ademais, segundo Berman, «a pesadez e o son de grupos como Jefferson Airplane e Cream fixeron que a música folk-rock de Sonny & Cher parecese demasiado suave». Nun intento errado de atraer de novo a atención da audiencia nova, o dúo produciu e protagonizou a cinta Good Times, que foi un fracaso en portelo. Cher, continuando a súa carreira en solitario lanzou Backstage (1968) e 3614 Jackson Highway (1969), ambos un fracaso comercial pero non así de crítica. Tras 3614 Jackson Highway, acabouse o seu contrato con Atco Records. A súa relación con Sonny empezou a complicarse e el empezou a enganala en repetidas ocasións. Segundo a revista People, «Bono tratou de gañarlla desesperadamente, dicíndolle que quería casar e formar unha familia». O dúo contraeu matrimonio logo do nacemento de Chaz Bono (nada como Chastity Bono) o 4 de marzo de 1969. A finais do devandito ano, probaron sorte novamente no cinema con Chastity, no que Sonny como produtor, tratou de lanzar a Cher como estrela de cinema. A película fracasou, custándolle ao dúo boa parte dos seus aforros. Porén, algúns críticos notaron os dotes Cher para a actuación. Como un golpe profesionalmente baixo, o dúo comezou a realizar presentacións nocturnas nas Veigas. Segundo Wilson, «a súa longa presentación era tan deprimente que a xente empezaba a apupalos. Entón Cher respondíalles, Sonny tentábaa calar e ela calábao a el». Tal interacción entre ambos se converteu en ficha clave do seu acto, traducíndose en éxito para o dúo, o que lles permitiu presentar o seu show en horario estelar.
Rexurdimento na televisión (1970-1974) thumb|Cher en The Sonny & Cher Comedy Hour en 1971.