O pintupi é unha lingua aborixe australiana. É unha das linguas wati da zona suroeste pertencente a unha póla da familia pama-nyungana. É unha das variedades da lingua do deserto occidental (WDL nas súas siglas en inglés). O pintupi está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Características Pintupi é o nome comunmente usado para se referir a unha variedade das linguas do Deserto Oeste faladas por aborixes da área oeste do lago MacDonald e o lago Mackay no oeste de Australia. Esta xente moveuse (ou foi movida) das comunidades aborixes da Papunya e Haasts Bluff ao oeste do Territorio do Norte entre 1940 e 1980 (os últimos pintupis deixaron o seu tradicional modo de vida no deserto en 1984). En décadas recentes volveron ao seu territorio de orixe, xuntándose aos Kintore (en pintupi coñecidos como Walungurru) no Territorio do Norte, e aos Kiwirrkura e Jupiter Well (en Pintupi Puntutjarrpa) no oeste da Australia.

Os rapaces que naceron en Papunya e Haasts Bluff medran falando unha nova variedade de Pintupi, agora coñecida como Pintupi-Luritja, consecuencia do seu próximo contacto con falantes de arrernte, warlpiri e outras variedades das WDL. Isto continuou mentres seguiron movéndose cara ao oeste até o punto de que hoxe en día case todos os pintupi falan Pintupi-Luritja, malia que quedan claras distincións entre a maioría das variedades do oeste e o leste.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Código Ethnologue para o pintupi:piu

Categoría:Linguas pama-nyunganas Categoría:Linguas de Australia