Alexandre Mikhailovich de Rusia (en ), nado en Tbilisi, Xeorxia o 13 de abril de 1866 e finado en Roquebrune, Francia o 26 de febreiro de 1933, foi Gran Duque de Rusia co grao de alteza imperial, esposo de Xenia Aleksandrovna de Rusia, irmá de Nicolao II de Rusia, almirante da frota rusa, explorador e conselleiro do emperador.
Traxectoria O pai de Alexandre foi o Gran Duque Miguel Nikolaevich de Rusia, o fillo máis novo de Nicolao I de Rusia, e a nai foi a Gran Duquesa Olga Fiodorovna de Baden polo que Alexandre era bisneto do rei Gustavo IV Adolfo de Suecia, o último dos monarcas suecos en reinar sobre Finlandia.
miniatura|Fotografía de Alexandre en 1903 Nado en Tbilisi, graduouse da academia naval en 1885 e de 1886 a 1891 como oficial naval realizou a bordo da corveta Rinda unha viaxe na que entre outros sitios visitou o Xapón e o Brasil. En 1893 viaxou cara América do Norte na fragata Dimitri Donskoi. Casou en 1894 coa filla do seu curmán, o emperador, e polo tanto foi cuñado deste e tamén foi un dos seus conselleiros. Durante a Guerra ruso-xaponesa (1904-1905) mandou os destrutores da frota do Báltico. En 1909 ascendeu a vicealmirante. Foi un dos iniciadores da aviación militar rusa, fundou a escola de aviación de Sebastopol e en 1910 foi nomeado xefe da recentemente creada Forza Aérea Imperial Rusa.
El e a súa familia, xunto coa emperatriz viúva Dagmar de Dinamarca refuxiáronse en Crimea tras a revolución rusa de 1917 e conseguiron escapar a bordo do navío de guerra británico HMS Marlborough. No exilio viviu en Dinamarca, onde se separou da súa dona, e Francia, onde escribiu as súas memorias.
Descendencia miniatura|esquerda|Alexandre coa súa familia Alexandre tivo coa súa dona Xenia sete fillos:
Princesa Irina Alexandrovna de Rusia (1895-1970) Príncipe Andrei Alexandrovich de Rusia (1897-1981) Príncipe Fiodor Alexandrovich de Rusia (1898-1968) Príncipe Nikita Alexandrovich de Rusia (1900-1974) Príncipe Dmitri Alexandrovich de Rusia (1901-80) Príncipe Rostislav Alexandrovich de Rusia (1902-1978) Príncipe Vasili Alexandrovich de Rusia (1907-1989)
Mihailovich Categoría:Imperio Ruso Categoría:Nados en Tbilisi Categoría:Nados en 1866 Categoría:Finados en 1933 Categoría:Dinastía Romanov