Galicia en Cataluña foi unha publicación do Centro Galego de Barcelona editada de 1929 a 1931.

Historia e características Subtitulada Órgano del Centro Gallego de Barcelona y portavoz de la Colonia Gallega de Cataluña, apareceu en xaneiro de 1929.La Vanguardia, 25-1-1929, p. 15. Estaba dirixida por Luís Suárez Delgado.Igrexas, Manuel: "Luís Suárez, o galeguista de Barcelona" (30/8/2012) en Historias de Deza. Tiña unha saída mensual e proporcionaba cobertura á vida asociativa e aos sucesos contemporáneos vinculados a Galiza, como por exemplo a Semana Galega da Exposición Internacional de Barcelona.

Desde o punto de vista literario, Manuel Curros Enríquez, Valentín Lamas Carvajal, Ramón Cabanillas ou Salvador Golpe enchían a sección de poesía coas súas creacións e, esporadicamente, Enrique Labarta Pose, Núñez de Arce e Francisco Portela Pérez achegaban os seus contos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Publicacións impresas da diáspora galega Ligazóns externas

Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:Barcelona Categoría:1929