Newark, alcumada a "cidade de ladrillos," é a cidade máis grande do estado de Nova Jersey nos Estados Unidos de América. Ten unha poboación de 273.500 persoas. Coñécese como Nuarca entre a numerosa comunidade de emigrantes galegos presente na zona.

Encóntrase aproximadamente 8 km ao oeste de Manhattan e 4 km ao norte de Staten Island (ambas pertencentes a Nova York). A súa localización próxima ao océano Atlántico sobre a baía de Newark fixo que o porto de Newark sexa o maior porto de contedores do porto de Nova York. Tamén posúe o Aeroporto Internacional Liberdade de Newark, que foi o primeiro grande aeroporto en atender a área metropolitana de Nova York.

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial de Newark

Categoría:Cidades de Nova Jersey