Diana Nogueira González, nada en Vigo en 1975, é unha modelo, actriz e presentadora de televisión galega.

Traxectoria Estudou Anatomía Patolóxica ata que a súa vida trocou radicalmente a raíz de presentarse a Miss España en 1999. Non gañou o concurso, pero foi a elixida para representar a España en Miss Universo xa que Miss España era menor de idade, e conseguiu quedar como segunda dama de honor de Miss Universo 1999.

Ao volver do certame contratárona para copresentar durante unha tempada o programa musical Luar para a TVG. En xullo de 2001, substituíu, xunto a Yolanda Vázquez, a Paloma Ferre na condución do programa Historias de hoy. Presentou o programa de actuacións musicais Gran Verbena en TVG na tempada 2003-04.

Formou parte do equipo de actores da serie da TVG Libro de familia.

Premio Alfredo Iglesias en Teo, 2023

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Diana Nogueira en vertele.com

Categoría:Actores de Vigo Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Modelos femininas de Galicia Categoría:Presentadores da TVG Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1975