Liborio García Ferreiro, nado en Lugo o 28 de novembro de 1968 é un xornalista e presentador de televisión galego.

Traxectoria Tras licenciarse en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, iníciase profesionalmente na radio a través das emisoras locais da Coruña e Lugo de Antena 3 Radio. Máis tarde traballou na Cadena SER, en Radio Voz e en Lugovisión.

Comezou a gañar popularidade a partir de 1997 cando dá o salto á televisión nacional, presentando, xunto a Inés Ballester, o magazine En Antena, de Antena 3. Precisamente con Ballester formaría tandem profesional á fronte doutros espazos da mesma canle como Ver para creer (1999) ou o reality show El bus (2000).

En 2000 coincidiu con Cristina Saavedra durante os primeiros meses de emisión do informativo Ahora e máis tarde con Paula Vázquez en Mira tú por donde (2002).

Para Telemadrid conduciu o concurso Despega como puedas no ano 2002, para en 2004 volver a Antena 3 substituíndo a Carlos García Hirschfeld á fronte de Noche de impacto, programa no que se emitían vídeos caseiros con imaxes de deportes de risco, accidentes, persecucións policiais etc.

Traxectoria en TV En Antena (1997-1998) en Antena 3. Ver para creer (1999) en Antena 3. Ahora (2000) en Antena 3. El bus (2000) en Antena 3. Mira tú por dónde (2002) en Antena 3. Despega como puedas (2002) en Telemadrid. Noche de impacto (2004-2005) en Antena 3.

Categoría:Xornalistas de Lugo Categoría:Presentadores de televisión de Galicia Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1968 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid