España tiña unha poboación de 46  934 632 ao 1 de xaneiro de 2019, segundo o Instituto Nacional de Estadística (INE). Trátase do quinto país máis poboado da Unión Europea; con todo, a súa densidade de poboación (92.7 hab/km² segundo Eurostat 2017) é menor que a da maioría doutros países da Unión Europea.

Poboación por idade

Distribución por idade da poboación española (1900)INE, Instituto Nacional de Estadística. Series históricas de datos censales. Grupo de idade%0 a 14 anos33,52 %15 a 29 anos24,36 %30 a 44 anos19,24 %45 a 59 anos13,94 %60 a 74 anos7,51 %75 anos e máis1,42 % Distribución por idade da poboación española (2018)Fuente: INE, Instituto Nacional de Estadística. Revisión del Padrón municipal 2018. Población por edad (año a año) y sexo Grupo de idade%0 a 14 anos14,83%15 a 29 anos15,19%30 a 44 anos22,53%45 a 59 anos22,59%60 a 74 anos15,44%75 anos e máis9,41%

A idade media da poboación residente en España no ano 2006 era de 40,1 anos: 38,7 anos para os homes e 41,4 anos para as mulleres.INE, Instituto Nacional de Estadística. Revisión do Padrón municipal 2006. Poboación por idade (ano a ano) e sexo O 15,3 % da poboación tiña menos de 16 anos, o 69 % tiña entre 16 e 65 anos, mentres que o 15,7 % da poboación tiña máis de 65 anos. Ameazada a sociedade española dun envellecemento irreversible da poboación, a chegada de inmigrantes desde os anos 1990 freou este proceso: a idade media da poboación estranxeira residente en España era de 32,8 anos no 2004, fronte a 41,0 anos de media dos nacionais.

dereita|miniatura|250px|Distribución da poboación de máis de 65 anos en España (2005).

As comunidades autónomas que presentaban unha maior porcentaxe de poboación maior de 65 anos eran, segundo INE 2006, Castela e León (22,60 %), Asturias (21,96 %), Galicia (21,48 %) e Aragón (20,47 %). Doutra banda, as rexións onde esta franxa de idade tiña un menor peso eran Melilla e Ceuta, as illas Canarias (12,35 %), a Murcia (13,80 %), Baleares (13,84 %), Madrid (14,48 %) e Andalucía (14,7 %).INE, Instituto Nacional de Estadística. Revisión do Padrón municipal 2006. Poboación por sexo, comunidades e provincias e idade (ata 85 e máis)

Segundo a Organización Mundial da Saúde, no ano 2005 a esperanza de vida en España estaba situada nos 80,3 anos de media: 76,9 os homes e 83,6 as mulleres.OMS, Organización Mundial da Saúde. Life Tables for WHO Members States , World Health Statistics 2007 Highlights and Tables

Poboación por sexo alt=Evolución da estrutura da poboación por idades e sexos de España, desde 1950 hasta 2064|miniatura|250x250px|Evolución da estrutura da poboación por idades e sexos de España, desde 1950 ata 2064 (proxeccións de poboación INE 2014-2064) En total había no 2006 en España 22 608 498 mulleres (50,57 % do total da poboación) e 22 100 466 homes (49,43 %). O número de mulleres supera ao de homes en todas as comunidades autónomas agás nas Illas Baleares, Illas Canarias, Murcia, Castela-A Mancha e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla. Os homes son maioritarios entre a poboación menor de 49 anos, mentres que a partir dos 50 anos as mulleres son máis numerosas.

Proporción homes/mulleres en España Ao nacemento: 1,07 homes/muller. Menos de 30 anos: 1,06 homes/muller. Entre 30 e 65 anos: 1,02 homes/muller. Máis de 65 anos: 0,73 homes/muller. Total poboación: 0,98 homes/muller.

Natalidade e mortalidade Segundo os datos do INE para o 2005, téñense os seguintes datos relacionados coa natalidade en España:INE, Instituto Nacional de Estadística. Indicadores demográficos básicos Taxa bruta de natalidade: 10,75 por mil. Taxa global de fecundidade: 41,95 por mil. Número medio de fillos por muller: 1,346 Idade media ao nacemento do primeiro fillo: 29,33 anos. Idade media á maternidade: 30,90 anos. Porcentaxe de nados de nai non casada: 26,57 %.

Datos relacionados coa mortalidade en España para o ano 2005: Taxa bruta de mortalidade: 8,93 por mil. Taxa de mortalidade infantil: 3,79 por mil nados vivos.

As principais causas de mortalidade en España para o ano 2001 foron CNE, Centro Nacional de Epidemiología.'' Para homes, os principais grupos de causas de mortalidade foron os tumores (orixe do 32,5 % do total das defuncións), enfermidades do sistema circulatorio (29,63 %), enfermidades do sistema respiratorio (11,85 %), causas externas (5,91 %) e enfermidades do sistema dixestivo (5,34 %). Para homes, as causas concretas de mortalidade que provocaron un maior número de defuncións foron a isquemia cardíaca (11,56 %), o cancro de pulmón (8,63 %), enfermidades cerebro-vasculares (7,91 %) e a enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (5,99 %). Para mulleres, os principais grupos de causas de mortalidade foron as enfermidades do sistema circulatorio (39,86 %), os tumores (21,47 %), enfermidades do sistema respiratorio (8,79 %) e enfermidades do sistema dixestivo (4,87 %). Para mulleres, as causas concretas de mortalidade que provocaron un maior número de defuncións foron as enfermidades cerebro-vasculares (12,68 %), a isquemia cardíaca (9,7 %), a insuficiencia cardíaca (7,36 %) e outras enfermidades do corazón (5,05 %).

O crecemento vexetativo da poboación española no 2005 foi do 1,82?.

Distribución da poboación Comunidades autónomas Pob.(2015) %(2015) Andalucía 8.399.043 18,05% Cataluña 7.504.008 16,13% Comunidade de Madrid 6.377.364 13,71% Comunidade Valenciana 4.939.550 10,62% Galicia 2.732.347 5,87% Castela e León 2.478.376 5,33% País Vasco 2.164.311 4,65% Canarias 2.128.647 4,58% Castela-A Mancha 2.078.611 4,45% Rexión de Murcia 1.463.249 3,15% Aragón 1.325.385 2,85% Illas Baleares 1.124.744 2,42% Estremadura 1.092.997 2,35% Principado de Asturias 1.044.481 2,24% Navarra 636.142 1,37% Cantabria 588.656 1,27% A Rioxa 317.053 0,68%Cidades autónomas Melilla 84.621 0,18% Ceuta 84.263 0,18%

A densidade de poboación en España (92.7 hab/km² segundo Eurostat 2017) é menor que a da maioría doutros países da Unión Europea. e a súa distribución ao longo do territorio é moi irregular.

Así, a poboación española concéntrase predominantemente en dúas zonas: Costa e zonas próximas: as zonas de costa e os vales próximos son as máis densamente poboadas e onde se atopan os principais núcleos de poboación e as súas áreas metropolitanas (exceptuando a Madrid), por exemplo Barcelona que estende a súa área de influencia por toda a costa catalá, Valencia, Alacant-Elx-Murcia, Sevilla-Cádiz-Málaga-Granada, Bilbao-Guipúscoa-Santander, Asturias, A Coruña-Vigo, Palma etc. Madrid: é unha zona moi poboada, a cidade principal é a maior de España e a súa área metropolitana é a cuarta maior da Unión Europea (só superada por París, Londres e a rexión do Ruhr), na cal atópanse cidades como Móstoles, Alcalá de Henares, Fuenlabrada, Alcorcón, Leganés, Xetafe etc., que superan os 100.000 habitantes. Esta zona é tan poboada grazas a que Madrid é a capital de España e a súa influencia esténdese xa polas provincias de Toledo e Guadalaxara formando unha ampla rexión metropolitana.

Con todo, todo o interior sofre problemas de despoboamento; nesta parte do territorio, soamente pódense destacar Zaragoza e Valladolid.

Dez principais provincias por poboación Absoluta (INE 2014)Relativa (densidade) (en hab./km²) Madrid Barcelona Valencia Sevilla Alacant Málaga Rexión de Murcia Cádiz Biscaia A Coruña 6.454.440 5.523.784 2.548.898 1.941.355 1.868.438 1.621.968 1.466.818 1.240.175 1.151.905 1.132.735 Madrid Barcelona Biscaia Guipúscoa Alacant Santa Cruz de Tenerife As Palmas Valencia Málaga Illas Baleares 804,0 714,8 519,6 361,2 321,2 297,2 270,5 236,5 222,0 221,0

As sete provincias máis poboadas concentran ao 45% da poboación española, mentres que nas quince con menor número de habitantes (sen contar a Ceuta e Melilla) só vive o 8% do total. Só dúas (Lugo e Huelva) das vinte e dúas provincias menos poboadas teñen costa, mentres que, salvo Madrid, Sevilla e Zaragoza as quince provincias máis poboadas teñen todas acceso ao mar. miniatura|200px|Principais áreas metropolitanas de España.

Áreas metropolitanas As áreas metropolitanas que excedían en 2005 os 300.000 habitantes son as seguintes:Proyecto Audes . Datos de población oficiales del INE (01-01-2005). Real Decreto 1358/2005, de 18 de noviembre. (Datos de conurbación para Madrid, Barcelona, Valencia y Sevilla. Datos de área metropolitana para el resto) miniatura|dereita|300px|Densidade de poboación por provincias (2007) miniatura|dereita|300px|Principais áreas metropolitanas de España.

Ademais, para as dúas maiores áreas metropolitanas, pódese falar dun territorio máis extenso que as engloba: trátase da Rexión urbana de Madrid (con 6 380 229 habitantes) e da Rexión urbana de Cataluña (con 5 239 927 habitantes).

Municipios por número de habitantes

Os municipios de máis de 100.000 habitantes en 2016 (segundo o INE) son os seguintes: 1. Madrid 3 165 541 2. Barcelona 1 608 746 3. Valencia 790 201 4. Sevilla 690 566 5. Zaragoza 661 108 6. Málaga 569 009 7. Murcia 441 003 8. Palma 402 949 9. As Palmas de Gran Canaria 378 998 10. Bilbao 345 122 11. Alacant 330 525 12. Córdoba 326 609 13. Valladolid 301 876 14. Vigo 292 817 15. Xixón 273 422 16. L'Hospitalet de Llobregat 254 804    17. Vitoria 244 634 18. A Coruña 243 978 19. Granada 234 758 20. Elx 227 659 21. Oviedo 220 567 22. Badalona 215 634 23. Terrasa 215 121 24. Cartagena 214 759 25. Xerez da Fronteira 212 830 26. Sabadell 208 246 27. Móstoles 205 614 28. Santa Cruz de Tenerife 203 585 29. Pamplona 201 311 30. Alcalá de Henares 195 907 31. Almería 194 515    32. Fuenlabrada 194 171 33. Leganés 187 173 34. San Sebastián 186 064 35. Xetafe 176 659 36. Burgos 176 608 37. Santander 172 656 38. Albacete 172 426 39. Castelló de la Plana 170 990 40. Alcorcón 167 354 41. San Cristóbal de La Laguna 153 111 42. Logroño 150 876 43. Badaxoz 149 946 44. Huelva 145 468 45. Salamanca 144 949 46. Marbella 140 744 47. Lleida 138 144    48. Dos Hermanas 131 855 49. Tarragona 131 094 50. Torrejón de Ardoz 126 981 51. León 126 192 52. Mataró 125 517 53. Parla 124 661 54. Alxeciras 120 601 55. Cádiz 118 919 56. Santa Coloma de Gramenet 117 153 57. Xaén 114 658 58. Alcobendas 113 340 59. Ourense 105 893 60. Reus 103 615 61. Telde 102 164 62. Barakaldo 100 228

Municipios por densidade demográfica

Clasificación dos municipios españois segundo a densidade demográfica de habitantes por quilómetro cadrado no territorio do municipio en 2013: 1. Mislata 19.032,6 hab./km² 2. Benetússer 18.386,2 hab./km² 3. L'Hospitalet de Llobregat 18.146,9 hab./km² 4. Badia del Vallès 16.913,8 hab./km² 5. Santa Coloma de Gramenet 16.670,7 hab./km² 6. Barcelona 16.582,5 hab./km² 7. Barañáin 16.246,2 hab./km² 8. Premià de Mar 15.631,1 hab./km² 9. Tavernes Blanques 13.280,0 hab./km² 10. Villava 12.885,0 hab./km² 11. Portugalete 12.765,7 hab./km² 12. Cornellà de Llobregat 12.748,1 hab./km² 13. Torrent 10.626,2 hab./km² 14. Esplugues de Llobregat 10.606,1 hab./km² 15. Burjassot 10.596,7 hab./km² 16. Badalona 10.219,0 hab./km² 17. Alaquàs 9.173,6 hab./km²18. Sant Adrià de Besòs 8.705,5 hab./km² 19. Burlada 8.689,5 hab./km² 20. Sestao 8.682,1 hab./km² 21. Ripollet 8.462,3 hab./km² 22. Bilbao 8.418,2 hab./km² 23. Pamplona 8.310,3 hab./km² 24. Cádiz 8.038,6 hab./km² 25. Castilleja de la Cuesta 7.942,7 hab./km² 26. Coslada 7.555,8 hab./km² 27. Fuengirola 7.514,3 hab./km² 28. Masnou 6.645,6 hab./km² 29. Getxo 6.598,3 hab./km² 30. Santurtzi 6.576,2 hab./km² 31. A Coruña 6.575,5 hab./km² 32. Ansoáin 6.456,5 hab./km² 33. Paiporta 6.355,6 hab./km² 34. Basauri 6.333,2 hab./km²35. Melilla 6.291,7 hab./km² 36. Valencia 5.795,9 hab./km² 37. Xirivella 5.730,0 hab./km² 38. Sedaví 5.667,2 hab./km² 39. Mataró 5.565,0 hab./km² 40. Sant Joan Despí 5.561,4 hab./km² 41. Sabadell 5.537,3 hab./km² 42. Madrid 5.503,0 hab./km² 43. Vilassar de Mar 5.271,1 hab./km² 44. Salt 5.215,0 hab./km² 45. Armilla 5.205,5 hab./km²