Frans Eemil Sillanpää, nado o 16 de setembro de 1888 e finado o 3 de xuño de 1964, foi un escritor finlandés que gañou o Premio Nobel de Literatura o 1939.
Traxectoria De orixe campesiña humilde, seus pais conseguiron envialo a estudar a Tampere e, posteriormente, á Universidade de Helsinqui a estudar medicina, onde trabou amizade co pintor Eero Järnefelt, e outros personaxes importantes da época como Jean Sibelius, Juhani Aho ou Pekka Halonen. En 1913 volveu á súa vila natal, dedicándose por completo á escritura.
Os seus escritos son relatos de xente sinxela de vida sinxela.
Obras Elämä ja aurinko (1916) Ihmislapsia elämän saatossa (1917) Hurskas kurjuus (1919) Rakas isänmaani (1919) Hiltu ja Ragnar (1923) Enkelten suojatit (1923) Omistani ja omilleni (1924) Maan tasalta (1924) Töllinmäki (1925) Rippi (1928) Kiitos hetkistä, Herra… (1930) Nuorena nukkunut (1931) Miehen tie (1932) Virranpohjalta (1933) Ihmiset suviyössä (1934) Viidestoista (1936) Elokuu (1941) Ihmiselon ihanuus ja kurjuus (1945)
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil no sitio oficial do Nobel de Literatura 1939
Categoría:Escritores en lingua finesa Categoría:Escritores de Finlandia Categoría:Premio Nobel de Literatura Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1964 Categoría:Nados na rexión de Pirkanmaa Categoría:Premios Nobel de Finlandia