Ike Turner, nado Clarksdale (Mississippi) o 5 de novembro de 1931 e finado en San Marcos (California) o 12 de decembro de 2007, foi un músico de rock e de blues.

Traxectoria Ós 5 anos aprendeu a tocar o piano e ós 11 comezou a tocar en concertos xunto a Sonny Boy Williamson e Robert Knighthawk. Coñeceu a Tina Turner ós 17 anos nun club de Saint Louis (Missouri). Casou con ela en México en 1962 e formaron o grupo Ike & Tina. Tiveron un fillo en común, e divorciaron en 1976. Ike Turner foise afundindo no alcol e nas drogas. Foi arrestado numerosas veces por posesión de estupefacientes e pasou 17 meses no cárcere.

En 1993 estreouse a película What’s Love Got To Do With It, obtida da autobiografía de Tina e dirixida por Brian Gibson, que narraba a vida de Tina Turner e na que o actor Laurence Fishburne encarnou a un violento Ike... na que era acusado de malos tratos.

Faleceu ós 76 anos por mor dunha sobredose de cocaína.

Categoría:Pianistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Mississippi Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 2007 Categoría:Estadounidenses de ascendencia africana Categoría:Finados por sobredose