El Barco de Ávila é unha localidade pertencente á provincia de Ávila, en Castela e León, España. Pertence ao partido xudicial de Piedrahíta (IV de Ávila). Está a unha altitude de 1009 m, ten unha extensión de 12 km² e posúe unha poboación de 2.588 habitantes (INE 2007)
Situación Está situado no límite das provincias de Salamanca, Cáceres e Ávila, ao suroeste desta, sendo cabeza natural da comarca formada polos Vales do Tormes e do Aravalle, máis coñecida como Comarca del Barco de Ávila-Piedrahíta.
Ao acharse nas inmediacións da Serra de Gredos, o seu clima é continental alpino, con invernos fríos e veráns suaves.
Monumentos e lugares de interese
Casa del Reloj. Igrexa da Asunción. Castelo de Valdecorneja.
Barco de Avila, El