Las Cabezas de San Juan é unha localidade da provincia de Sevilla, Andalucía, España.
Xeografía No ano 2006 tiña 16.139 habitantes. A súa extensión superficial é de 230 km² e ten unha densidade de 69,8 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 36º 59' N, 5º 56' W. Atópase situada a unha altitude de 76 metros e a 64 quilómetros da capital de provincia, Sevilla.
Economía Mantense o papel importante da agricultura baseada no cultivo de cereais, arroz, legumes e o algodón. Algunhas canteiras próximas de xeso e pedra permiten a explotación mineira.
Historia É famosa sobre todo porque foi aquí onde o Tenente Coronel Rafael del Riego se sublevou contra a dominación absolutista de Fernando VII.
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web do concello Las Cabezas de San Juan - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía (SIMA) Patrimonio cultural de Las Cabezas de San Juan na Guía Dixital do Patrimonio Cultural de Andalucía. Instituto Andaluz do Patrimonio Histórico
Cabezas de San Juan, Las