Richard Réti, nado en Pezinok (Eslovaquia, daquela Hungría) o 28 de maio de 1889 e finado en Praga o 6 de xuño de 1929, foi un xogador de xadrez checoslovaco.
Traxectoria Naceu no seo dunha acomodada familia xudía húngara, pero el considerábase vienés. Foi un dos máis grandes xogadores do mundo durante os anos de 1910 e os anos de 1920. Réti comezou a súa carreira como xogador clásico ferozmente combinativo, favorecendo aperturas tales como o Gambito de rei (1. e4 e5 2. f4). Con todo despois do final da primeira Guerra Mundial, o seu estilo experimentou un cambio radical, e converteuse nun dos autores principais do hipermodernismo, xunto con Aron Nimzowitsch e outros. De feito, coa excepción notable do aclamado libro de Nimzowitsch Mein System, é considerado como o maior contribuínte literario do movemento. Os seus escritos son considerados como clásicos no mundo do xadrez: Die neuen Ideen im Schachspiel (1922) e Die Meister des Schachbretts (1930) aínda se estudan hoxe en día.
A Apertura Réti (1. ♘f3 d5 2. c4), coa cal derrotou ao entón campión do mundo José Raúl Capablanca en Nova York en 1924 é nomeada na súa honra. Tartakower denominou a esta apertura como "a apertura dolos porvir".
Era tamén un compositor notable na parte final do xogo. En 1925 Réti logrou a marca mundial para a variedade de xadrez ás cegas con 29 xogos simultáneos. Incriblemente, gañou vinte e un destes, empatou seis e perdeu soamente dous.
Publicacións Die neuen Ideen im Schachspiel (1922) Die Meister des Schachbretts (1930)
Categoría:Xadrecistas de Hungría Categoría:Xadrecistas de Austria Categoría:Xadrecistas de Eslovaquia Categoría:Xadrecistas da República Checa Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en 1929 Categoría:Nados no kraj de Bratislava Categoría:Xadrecistas do século XX