Don Camillo é unha película de 1983, dirixida e protagonizada por Terence Hill.

É un remake da película de 1952 dirixida por Julien Duvivier, pero ambientada na Italia dos anos 80. A historia desenvólvese en Pomponesco.

Existe unha versión máis longa para a televisión, de dúas horas e media.

Argumento

Don Camillo é o cura párroco de Pomponesco, vila que vén de elixir un alcalde comunista. O alcalde e o cura coñécense desde novos, e na película móstranse unha serie de disputas de todo tipo entre eles, a maioría delas solucionadas de xeitos que desagradan a Xesucristo e o bispo.

Categoría:Filmes de 1983 Categoría:Filmes en lingua italiana Categoría:Filmes de Italia