Santa María de Saa é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. En 2007 tiña 151 habitantes (212 en 1991) agrupados en 13 entidades de poboación, cunha densidade de 4,99 hab./km².
Linda ó norte coas parroquias de Ferreiros e Trascastro; ó sur coa Pobra do Brollón e Lamaigrexa; ó leste con Vilamor e Parada dos Montes e, ó oeste con Castrosante.
Patrimonio A igrexa de Santa María foi construída a finais do s. XVI. Ten na fachada unha porta enmarcada nun arco adoelado e cabido suxeito por columnas. A sancristía está acaroada ó presbiterio. No interior posúe un retablo de liñas renacentistas e esculturas dos s. XVII e s. XVIII. Nela celébranse o 15 de agosto as festas patronais da Nosa Señora.
A capela do San Vitoiro está situada no medio das montañas. Segundo a lenda, o San Vitoiro apareceu nunha pena e por iso se lle construíu unha pequena capela a mediados do século XIX. É o santo patrón das aldeas das Forgas, Covadelas, Teixeira, Pradelas, Penadexo e Lebrón. Nela celébrase o 27 de agosto a romaría do San Vitoiro. É costume fregarse contra o santiño para pedirlle menos doenzas.https://web.archive.org/web/20081120183456/http://www.carrilbus.com/aldeas/san_vitorio/ Romaría do San Vitoiro]
Lugares e parroquias Lugares de Saa
Parroquias da Pobra do Brollón
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares da Pobra do Brollón
Categoría:Parroquias da Pobra do Brollón Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María