Francisco Xesús Jorquera Caselas, nado en Ferrol o 31 de agosto de 1961, é un político galego do Bloque Nacionalista Galego (BNG).

Traxectoria miniatura|esquerda|Francisco Jorquera na XVI Asemblea Nacional do BNG en 2017. Estudou Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, época na que foi Secretario Xeral do ERGA e membro fundador dos CAF. Militou na Asemblea Nacional Popular Galega ata 1982, data fundacional do BNG, onde é membro fundador e actual Coordinador Executivo. Foi elixido como senador de representación autonómica no período (2005-2008) en substitución de Anxo Quintana. Nas Eleccións xerais de 2008 foi o cabeza de lista do BNG ao Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña, resultando elixido deputado por dita circunscrición. Nos comicios de 2011 foi reelixido.

O 29 de xaneiro de 2012 foi designado candidato do BNG á presidencia da Xunta de Galicia para os comicios autonómicos de 2013, que finalmente foron adiantados ao 21 de outubro de 2012. Como consecuencia disto, abandonou o seu escano no Congreso dos Deputados en setembro de 2012, one foi substituído por Rosana Pérez. Foi elixido deputado do Parlamento Galego nas autonómicas de 2012. Coordinador en Galeuscat polo BNG, foi candidato á alcaldía da Coruña nas municipais de 2019."Jorquera e Sanmartín encabezarán as candidaturas do BNG para as alcaldías da Coruña e Santiago" Praza Pública, 23 de xuño de 2018 Concelleiro do Bloque desde 2019, volveu ser o cabeza de lista da formación nas eleccións municipais de 2023, e foi elixido concelleiro.

Vida persoal Está casado e ten un fillo e unha filla.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición

Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo BNG Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1961 Categoría:Deputados da IX Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Senadores por designación do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (IX Lexislatura) Categoría:Concelleiros da Coruña Categoría:Concelleiros de Galicia polo BNG Categoría:Políticos do BNG