Alfredo Kraus, nado nas Palmas de Gran Canaria o 24 de novembro de 1927 e finado en Madrid o 10 de setembro de 1999, foi un recoñecido tenor e mestre de canto, canario.
Traxectoria De nai española e pai austríaco, está considerado un dos grandes tenores líricos lixeiros da segunda metade do século XX. A súa interpretación máis coñecida foi a do personaxe Werther da ópera homónima de Jules Massenet.
En 1991, recibiu o Premio Príncipe de Asturias das Artes, colectivamente, con Victoria de los Ángeles, Pilar Lorengar, Teresa Berganza, Montserrat Caballé, José Carreras e Plácido Domingo.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Tenores de España Categoría:Personalidades da ópera de España Categoría:Premios Princesa de Asturias das Artes Categoría:Personalidades das Canarias Categoría:Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes Categoría:Nados nas Palmas de Gran Canaria Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 1999