Earvin Effay "Magic" Johnson, Jr., nado o 14 de agosto de 1959 en Lansing, Míchigan, é un ex xogador e adestrador de baloncesto, considerado un dos mellores da historia. Militou en Los Angeles Lakers da NBA dende 1979 até 1991, regresando por un breve período en 1996. Tras gañar en 1979 a NCAA coa Universidade de Michigan State, Johnson chegou aos Lakers cos que establecería unha das mellores carreiras na historia da liga, proclamándose campión da NBA en cinco ocasións despois de xogar nove finais, ademais dun gran número de premios individuais como o MVP da Tempada, MVP das Finais (en tres ocasións ambos) e MVP do All-Star Game. Tamén disputou doce NBA All-Star Game, sendo incluído en dez tempadas nos mellores quintetos da liga e liderando a tempada regular en asistencias catro veces.
Magic Johnson formou parte ademais do inesquecible "Dream Team" dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992, onde o combinado norteamericano se fixo co ouro varrendo aos seus rivais. En 1996 foi nomeado como un dos cincuenta mellores xogadores da historia da NBA e en 2002 consagrouse entrando no Basketball Hall of Fame. Johnson é tamén coñecido por contraer o virus VIH, facéndoo público en 1991 e retirándose da práctica do baloncesto inmediatamente. Co apoio dos seus colegas de profesión, converteuse no primeiro xogador abertamente seropositivo en xogar na NBA.
Traxectoria deportiva Os seus inicios Johnson creceu en Lansing, no estado de Míchigan, e xa dende moi novo gustáballe xogar a baloncesto. Levantábase cedo para ir xogar antes do colexio e ía frecuentemente aos sitios botando un balón,Biografía de Magic Johnson e segundo a súa nai, mostraba moito entusiasmo en todo o que facía.Magic made Showtime a show Cando por fin se uniu ao equipo de baloncesto do seu instituto, logrou con 15 anos unha tripla-dobre con 36 puntos, 16 rebotes e 16 asistencias, despois do cal un xornalista deportivo denominoulle "Magic" por primeira vez. Máis tarde, sufriu a perda dun compañeiro de equipo en accidente de coche, polo que se confabularon para gañar o campionato estatal como homenaxe a Reggie Chastaine, o xogador falecido, algo que lograron na prórroga da final. No seu último ano de instituto o seu equipo logrou un balance de 27 vitorias e 1 única derrota, cunha media de 28,8 puntos e 16,8 rebotes, gañando de novo o título estatal.
Universidade "Magic" desenvolveu a súa traxectoria universitaria na Universidade Estatal de Míchigan, preto da súa cidade natal. Cando se uniu ao equipo, na tempada 1977-78, conseguiu rapidamente o status de grande estrela. Despois de que a súa universidade acabase o ano anterior cun mediocre balance de 12 vitorias e 15 derrotas na Big Ten Conference, poucos pensaban no xiro que ía dar o equipo coa incorporación de Magic. Xunto co seu compañeiro, o tamén novato Jay Vincent, conseguiron unha racha de trece partidos gañados consecutivamente, e grazas ás súas estatísticas (17 puntos, 7,9 rebotes e 7,4 asistencias por partido) e conseguiron gañar o título de conferencia tras 11 tempadas de seca, ademais de presentarse por primeira vez en 19 anos no Torneo da NCAA, caendo na final do Medio Oeste ante a Universidade de Kentucky. Johnson foi nomeado Novato do Ano.
En 1979 comezaron a tempada de forma titubeante, xa que no mes de xaneiro levaban un balance de 4 vitorias e 4 derrotas, mais lonxe de estar acabados, lograron gañar na prórroga ao até entón líder da conferencia, Ohio State, para encadear posteriormente unha racha de dez vitorias consecutivas, que lles afianzarían no primeiro posto da Big Ten. Unha vez na fase final, arrasaron nos seus catro primeiros enfrontamentos, logrando unha diferenza media de 23 puntos de vantaxe neles, levando ao seu equipo á final da NCAA, onde lle esperaba a Universidade de Indiana State, invictos esa tempada e colocados no número 1 da clasificación. Nese equipo xogaba o que poucos anos máis tarde sería o seu gran rival e amigo, Larry Bird. Con todo, os de Míchigan fixéronse finalmente co campionato cun resultado de 75-64, sendo o partido universitario máis visto da historia. Ademais Johnson foi elixido esa tempada como o mellor xogador do torneo.Último minuto da final da NCAA de 1979
Profesional O nacemento do Showtime (1979-1980) Magic Johnson foi elixido como número 1 no Draft da NBA de 1979 por Los Angeles Lakers, os cales obtiveran esa elección tras negociar cos New Orleans Jazz e ofrecerlles á entón estrela Gail Goodrich a cambio da primeira elección do draft. Magic uniuse a unha franquía sometida a un profundo cambio, con novo adestrador, Jack McKinney, con novo propietario, Jerry Buss, e varios novos xogadores. Con todo, o que máis atraeu a Johnson foi a posibilidade de xogar xunto ao seu gran ídolo de mocidade, o pivote Kareem Abdul-Jabbar, líder histórico de anotación na NBA. Enseguida transmitiu o seu entusiasmo na pista e impuxo un estilo de xogo de velocidade, de pases inverosímiles, de contraataques vibrantes, que pronto se coñeceu como o "Showtime" (tempo de espectáculo). Dada a súa facilidade e a súa altura para o rebote e a anotación, pronto liderou a liga en triplas dobres, soamente superado ao longo da historia por outro base, Oscar Robertson. Ademais, o seu case infantil entusiasmo transmitiuse ás bancadas, sendo moi pronto un ídolo da afección.
As porcentaxes da súa primeira tempada, 18 puntos, 7,7 rebotes e 7,3 asistencias, foron suficientes para ser elixido no Mellor quinteto de rookies da NBA e ser titular no NBA All-Star Game, aínda que o título de Rookie do ano foi ao seu amigo e rival Larry Bird, que ese ano se unira aos Boston Celtics. Os Lakers acabaron cun balance de 60 vitorias e 22 derrotas, e con Paul Westhead substituíndo no banco a McKinney, despois dun grave accidente de bicicleta, acadaron as Finais da NBA de 1980, onde se atoparon aos Sixers do "Dr. J" (Julius Erving) e do potente Darryl Dawkins. Os Lakers tomaron vantaxe nas series 3-2, até que Kareem Abdul-Jabbar se lesionou no xeonllo. O seu adestrador decidiu entón pór no posto de pivote a Magic, o cal sorprendeu a todo o mundo con 42 puntos, 15 rebotes, 7 asistencias e 3 roubos de balón, gañando o sexto e definitivo partido 122-107 e sendo nomeado MVP das Finais. Con só vinte anos, Magic xa conseguira distincións individuais no instituto, universidade e como profesional, cheg a converterse nun dos únicos catro xogadores en toda a historia en gañar consecutivamente os títulos da NCAA e a NBA.
Arriba e abaixo (1980-1983) miniatura|Magic Johnson en 2007. Johnson perdeuse gran parte da tempada 1980-81 por mor dunha lesión no xeonllo, disputando tan só 37 partidos de liga regular, sendo ademais eliminados nos playoffs en primeira rolda polos Houston Rockets. A pesar diso, ao terminar a mesma, Johnson asinou un espectacular contrato de 25 anos de duración por un valor de 25 millóns de dólares, cortesía do propietario do equipo, o Dr. Buss, que quedou impresionado polo seu xogo espectacular.Magic memories of a real star Con todo, os problemas continuaron a tempada seguinte, onde tivo un duro enfrontamento co seu adestrador, Westhead. Tras unha vitoria en casa dos Utah Jazz, Magic manifestou: non podo seguir xogando máis neste equipo. O propietario do equipo, no canto de facer caso ás demandas de Johnson, despediu ao adestrador, e por primeira vez na súa carreira Magic tivo que escoitar apupos do público, mesmo dos seus propios seareiros. Porén, esa tempada logrou polo menos 700 puntos, asistencias e rebotes, uníndose a Wilt Chamberlain e Oscar Robertson no selecto club que alcanzara tales cifras. Os Lakers arrasaron nos playoffs, chegando ás finais de novo ante os Sixers, que contaban co "Dr. J" e Andrew Toney como principais estrelas. Johnson liderou ao seu equipo na vitoria por 4 a 2, levándose o seu segundo título de MVP das Finais.
Na tempada 1982-83, Magic volveu a destacadar, cunha media 16,8 puntos, 8,6 rebotes e 10,5 asistencias, gañándose o seu primeiro nomeamento ao Mellor quinteto da NBA, e alcanzando o seu equipo de novo as Finais. Con todo, nesta ocasión os Lakers sufriron as baixas dos seus compañeiros Norm Nixon, James Worthy e Bob McAdoo e foron arrasados na final polos Sixers, que contaban co seu novo pivote e finalmente MVP das Finais, Moses Malone.
Larry Bird e os Bad Boys (1983-1988) Cando Magic chegou á NBA, ao mesmo tempo chegou un aleiro que terminaría converténdose nunha lenda, o xogador dos Boston Celtics e vello coñecido de Magic da NCAA, Larry Bird. O xornalista alemán Günter Bork definiunos como polos opostos: por unha banda, o xogador negro, riseiro e espectacular que era Johnson, e polo outro, o xogador branco, introvertido e traballador que era Bird. Ademais, a fortaleza de ambos fixo que a rivalidade se prolongase no tempo, sendo a loita do Showtime, un baloncesto rápido e espectacular, contra o xogo preciso e seguro dos Celtics. Ambos eran estrelas nos seus equipos, pero os Celtics competían na Conferencia Leste mentres que os Lakers facíano na Conferencia Oeste, polo que a única forma de atoparse na post-tempada era nas Finais, o que non ocorreu até 1984. Ese ano Magic volveu ter unha actuación destacada, con medias de 17,6 puntos, 7,3 rebotes e 13,1 asistencias, e xunto a Kareem Abdul-Jabbar levou ao seu equipo ás finais, onde se atoparían por fin cos Celtics. Varios erros decisivos no segundo, cuarto e sétimo e definitivo partido fixeron que o título voase a Massachusetts, sendo nomeado Larry Bird MVP das Finais. Por todo iso, Kevin McHale, un dos puntais de Boston, mofouse cualificando ao seu rival como "Tragic" Johnson.
Na seguinte tempada, Johnson volveu destacar na fase regular, cunha media de 18,3 puntos, 6,2 rebotes e 12,6 asistencias, levando aos Lakers de novo ás Finais, onde de novo se atoparían cos de Boston. Tras un mal comezo, que facía presaxiar unha rápida resolución da final ao perder 114-148, o equipo reaccionou dando a volta ás series e gañando finalmente 4-2, grazas sobre todo a Abdul-Jabbar xa con 38 anos e, por suposto, a Magic, que tivo unha media de 15,2 asistencias nos 6 partidos da final. A tempada 1985-86 resultou decepcionante para Magic e os súas Lakers. A pesar das boas cifras de novo na liga regular (18,8 puntos, 5,9 rebotes e 12,6 asistencias), os Lakers caeron estrepitosamente nas Finais da Conferencia Oeste ante uns Houston Rockets liderados polas súas Torres Xemelgas, Hakeem Olajuwon e Ralph Sampson, por 4 a 1. Con todo, ao ano seguinte Johnson fixo a súa mellor tempada, promediando 23,6 puntos (o tope da súa carreira), 6,3 rebotes e 12,2 asistencias, gañando o seu primeiro MVP da NBA, o único premio que se lle resistía dende o inicio da súa carreira. Os Lakers atopáronse de novo cos Celtics na final, onde foi transcendental a defensa que fixo Michael Cooper sobre a estrela de Boston Larry Bird. Johnson foi de novo providencial, especialmente no cuarto partido, cando anotou un gancho a dous segundos do final sobre dous homes máis altos que el, Kevin McHale e Robert Parish, dando a vitoria ao equipo californiano por 107-106.Últimos minutos do 4º partido das finais de 1987 Finalmente os Lakers gañaron a final 4-2.