Macromedia foi unha empresa de software de gráficos e desenvolvemento web con centrais en San Francisco, California. Macromedia foi formada en 1992 pola fusión de Authorware, Inc. (creadores de Authorware) e MacroMind-Paracomp (creadores de Macromind Director). As súas centrais están en San Francisco, California. Macromedia continuou seguindo o rastro de M&A e en decembro de 1999 adquiría a compañía de software de análise de tráfico Andromedia. A compañía de desenvolvemento Web Allaire foi adquirida en 2001, e Macromedia engadiu varios produtos populares de servidor e desenvolvemento Web á súa lista.
En 2003, Macromedia adquiriu a compañía de conferencia por web Presedia e continuou desenvolvendo o seu produto de colaboración e presentación en liña baseado en Flash, ofrecido baixo o nome de Breeze. Despois, nese mesmo ano, Macromedia tamén adquiriu a compañía de software de axuda de autoría eHelp Corporation , cuxos produtos incluían RoboHelp, RoboDemo (Agora Captivate), e RoboInfo.
O 18 de abril de 2005, Adobe Systems Inc. anunciou un acordo para adquirir Macromedia nunha transacción valorada en, aproximadamente, 3400 millóns de dólares.Nota de Prensa de MacromediaNota de Prensa de Adobe O 5 de decembro de 2005, Adobe Systems completa a adquisición de Macromedia.
Produtos Authorware Breeze Captivate Central ColdFusion Contribute Dreamweaver Director Fireworks Flash Flash Communication Server Flash Player FlashCast Flashpaper Flex Fontographer FreeHand HomeSite JRun Robohelp Shockwave Shockwave Player Studio 8 (Flash, Dreamweaver, Fireworks etc)
Para o futuro dos produtos de Macromedia, mire en Adobe para máis información sobre as novas estruturas de Adobe/Macromedia. Notas
Categoría:Empresas de software Categoría:Empresas dos Estados Unidos de América Categoría:Compañías informáticas