Xosé Manuel Millán Otero, nado en Beluso (Bueu) en 1964 e finado en Vigo o 29 de outubro de 2020, foi un escritor e político galego vinculado ao BNG.
Traxectoria Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, profesionalmente foi profesor de Lingua e Literatura Galega en Moaña. Especializouse na Xeración Nós, centrándose nás figuras de Vicente Risco e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Nas eleccións municipais de 2003 encabezou a candidatura do Bloque Nacionalista Galego á alcaldía de Moaña e foi elixido alcalde. Nas municipais de 2007 volveu ser elixido alcalde.
Obra Poesía Este é o tempo de sal (1992, Sociedade Cultural Valle-Inclán). As palabras no espello (1995, Ediciós do Castro). Ode menor ao gran mascato Bernardino Graña cando se eleva sobre as terras do Morrazo (2010, publicado en Internet). As cinzas de Pasolini (2018, Editorial Toxosoutos).
Edicións Profecía do mar, de Bernardino Graña (1995, Xerais). Da terra asoballada, de Ramón Cabanillas (1996, AS-PG/A Nosa Terra). Prosa escollida: antoloxía, de Vicente Risco (1997, AS-PG/A Nosa Terra). Páxinas galegas, de Johán Carballeira (2000, A Nosa Terra).
Obras colectivas Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989) (1990, Ediciós do Castro). Historia da Literatura Galega (1996, AS-PG/A Nosa Terra). Os mártires do 36 (1996, A Nosa Terra). A Sociedade de Agricultores "El Progreso" de Beluso (1931-1936): unha experiencia de asociacionismo agrario (1997, Asociación de Veciños de Beluso). Con José Ramón Álvarez Pérez. Para saír do século (1997, Xerais).
Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (2006, Difusora). Bernardino Graña. Homenaxe no 75 aniversario (2007, Xerais). Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000, 2008, Universidade da Coruña. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
Premios Gañador do Concurso Nacional de Poesía O Facho no 1989, por Retrato de muller con navios ao fondo. Accésit do XI Premio Esquío de poesía no 1991, por Este é o tempo do sal. VII Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón no 1994, por As palabras no espello.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Eleccións municipais en Moaña Ligazóns externas na Biblioteca Virtual Galega. Perfil en As escollas electivas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Alcaldes de Moaña Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Bueu Categoría:Nados en 1964 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón