miniatura|300px|dereita|O Pazo de Luxemburgo miniatura|300px|dereita|O Pazo de Luxemburgo O Pazo de Luxemburgo, (en francés Palais du Luxembourg) é un pazo de comezos do século XVII atopado en París. Encargado en 1615 por María de Médicis ao arquitecto Salomon de Brosse, foi o resultado das reformas do inmoble xa existente na época de Francisco de Luxemburgo. Actualmente é a sede do Senado de Francia.
O Pazo de Luxemburgo servía máis como residencia secundaria que como pazo oficial urbano. A súa planta corresponde á característica dos palacios franceses, como o de Verneuil no que interveu Salomon de Brosse. Ten un patio cadrado, a Corte de Honra, un salón de entrada coroado por unha cúpula, a Cúpula Tournon e pavillóns repetidos no corpo da vivenda. Foi habilitado na década de 1720 para aloxar a Raíña Viúva de España, Luisa Isabel de Orleáns, filla do rexente Duque de Orleáns.
As novidades, como o corpo da vivenda que ten unha grande amplitude en relación ás dúas ás, e a parte central monumental, distinguen o palacio. O Pazo de Luxemburgo é o resultado da libre inspiración tomada do Palacio Pitti, Florencia, Italia, solicitado por María de Médicis que, aburríndose no Louvre, desexaba atopar o espírito florentino e a dozura que lle transmitía, especialmente a través do emprego do almofadado de pedra na arquitectura do edificio máis que a mestura de ladrillo e pedra, como a que se atopa, por exemplo, no pavillón de caza do Palacio de Versalles.
A parte dereita do pazo estaba reservada para a raíña, e a da esquerda para Lois XIII. Unha serie de cadros encargáronse a Rubens para cada un dos seus departamentos, pero só o destinado a María de Médicis levouse a cabo. Na actualidade pódense ver expostas 13 teas feitas para o pazo nunha sala do Louvre.
Os xardíns do pazo están abertos ao público e constitúen unha das principais superficies arbóreas do interior de París. Os Xardíns de Luxemburgo están considerados como os máis belos de París. Os xardineiros que os coidan procuran que a súa beleza prevaleza durante todas as estacións do ano.
Véxase tamén Outros artigos Senado de Francia Xardín do Luxemburgo
Ligazóns externas Portail du Palais du Luxembourg (en francés) Visite virtuelle du Palais du Luxembourg (en francés) Photos du Palais et des jardins (en francés)
Categoría:Arquitectura en París