Regina Polín Rodríguez, nada en Covelas (Castroverde) o 7 de setembro de 1950, é unha política galega do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Licenciada en Filoloxía Española pola Universidade de Santiago de Compostela, foi mestra titular de lingua Inglesa no IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz.

Nas eleccións municipais de 2003 presentou a súa candidatura nas listas do PSdeG-PSOE, presentándose como independente en substitución do seu marido, tamén candidato á alcaldía e deputado provincial en anteriores comiciosEl País. Logo de superar por 200 votos á candidatura do PPdeG, foi elixida alcaldesa coa colaboración do único representante do BNG. Máis tarde abandonou a súa independencia co ingreso no PSdeG-PSOE. Nas eleccións municipais de 2007 acadou a maioría absoluta ó facerse con 7 concelleiros dos 13 en xogo, logro recompensado cunha acta na Deputación Provincial de Lugo na que foi nomeada delegada da Área de Economía e Facenda.

Nas municipais de 2011 perdeu a alcaldía en favor do candidato do PPdeG Xosé María Teixido Núlez, o cal pactou co único concelleiro de Converxencia Galega. Nas municipais de 2015 volveu encabezala candidatura do PSdeG e recuperou a alcaldía por maioría simple«Decíamos ayer», afirma la alcaldesa de Guitiriz al volver al cargo . Nas eleccións municipais de 2019 optou por non presentarse á reeleción e foi sucedida á fronte do PSdeG por Marisol MorandeiraRegina Polín: «Traballei 16 anos en política. Hai que renovar», a cal logrou a alcaldía por maioría absoluta.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Guitiriz

Ligazóns externas Entrevista en El Progreso

Categoría:Alcaldes de Guitiriz Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais de Lugo Categoría:Nados en Castroverde Categoría:Nados en 1950 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes