El mar no cesa é o primeiro álbum de estudio do grupo de rock español Héroes del Silencio, publicado no 1988.

Gravado nos estudios Hispavox, e baixo a produción de Gustavo Montesano e Roberto Durruti, consta de dúas edicións: a primeira en edición vinilo, na que non se incluían as cancións "Olvidado", e "La visión de vuestras almas".

Cabe mencionar a gravación das cancións "El cuadro" e "Hologramas", temas gravados para este traballo discográfico, cuxa publicación non se deu até 1998 no álbum Rarezas.

Algunhas cancións ("Fuente esperanza", "Flor venenosa", "Agosto" e "Héroe de leyenda") foron regravadas vocalmente por Enrique Bunbury no ano 2000, para o recompilatorio Canciones '84-'96.

Contido Lista de cancións (Edición LP) El mar no cesaNºTítuloDuración01"Mar adentro"04:02 02"Hace tiempo"04:3003"Fuente esperanza"04:4104"No más lágrimas"03:3205"La lluvia gris"04:2206"Flor venenosa"04:1107"Agosto"04:2208"El estanque"04:1409"La isla de las iguanas"03:2010"... 16"03:5411"Héroe de leyenda"04:09

Lista de cancións (Edición CD) El mar no cesaNºTítuloDuración01"Mar adentro"04:02 02"Hace tiempo"04:3003"Fuente esperanza"04:4104"No más lágrimas"03:3205"Olvidado"03:3106"La lluvia gris"04:2207"Flor venenosa"04:1108"Agosto"04:2209"El estanque"04:1410"La visión de vuestras almas"04:3511"La isla de las iguanas"03:2012"... 16"03:5413"Héroe de leyenda"04:09

Categoría:Álbums de Héroes del Silencio Categoría:Álbums musicais de 1988 Categoría:Álbums de EMI Records