O Altar, que nalgún tempo considerouse coma parte do Centauro é agora unha constelación independente. Localizada entre Centaurus e Lupus. Non contén estrelas brillantes, sendo Beta Arae a máis destacada con magnitude 2,8. Recentemente descubriuse un burato negro dunhas catro veces a masa do Sol, e do tamaño dunha gran cidade.
Estrelas principais α Arae, segunda estrela máis brillante da constelación, é unha estrela azul da secuencia principal catalogada coma variable, o seu brillo varía entre unha magnitude 2,73 e 3,13. β Arae, unha superxigante laranxa de magnitude 2,85, a estrela máis brillante da constelación. γ Arae, estrela binaria formada por unha superxigante azul quente e unha estrela branca da secuencia principal; están separadas visualmente 18 segundos de arco. ζ Arae, estrela xigante laranxa de magnitude 3,13. ι Arae, xigante azul e variable Gamma Cassiopeiae; o seu brillo flutúa entre magnitude 5,18 e 5,26. μ Arae, anana amarela algo máis luminosa có Sol, onde se descubriron catro planetas extrasolares. 41 Arae, estrela binaria a só 28,7 anos luz da Terra, as súas compoñentes son unha anana amarela e unha anana vermella. Gliese 674, anana vermella a 14,8 anos luz onde se descubriu un planeta moi próximo á estrela.
Obxectos notables do espazo profundo NGC 6397. AR: 17h 40m 42.0s Dec: -53°40'00" (Época 2000). Cúmulo globular visible sen instrumentos, 10.5º ó sur de Sargas (θ Scorpii). Localizado a 7.200 anos luz, é un dos máis próximos ó Sol. NGC 6193. AR: 16h 41m 18.0s Dec: -48°46'00" (Época 2000). Cúmulo aberto grande que contén ó redor de 30 estrelas, a 8º ó oeste de α Arae. NGC 6208, NGC 6253 o IC 4651. Outros cúmulos abertos. NGC 6362. Outro cúmulo globular. Nebulosa Stingray (Hen 3-1357), nebulosa planetaria moi nova; aínda que en 1971 era unha estrela superxigante azul, en 1989 téñase transformado en nebulosa.
Mitoloxía Na mitoloxía grega, dise que os Cyclopes construíron orixinalmente o altar coma lugar para os sacrificios ós deuses do Olimpo. O altar, usualmente representado boca abaixo, mais algunhas veces represéntase cara a arriba con fume indo cara a Vía Láctea, tamén era visto coma o altar de Lycaon. Lycaon sacrificaba a un neno (nalgunha lenda era Arcas) a Zeus no altar do monte Lycaeus, e immediatamente despois do sacrificio transformábase en lobo, probablemente isto é a base do mito da constelación Lupus.
Noutras lendas gregas, Ara era identificado co altar do deus do viño, Dionysus. miniatura|Imaxe da constelación do Altar (Ara). Ara tamén foi coñecida polo seu nome en Latín coma Ara Centauri, algo parecido o altar (ou estandarte) de Centauro.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas The Deep Photographic Guide to the Constellations: Ara NightSkyInfo.com: Constellation Ara WIKISKY.ORG: Ara Star Tales – Ara
Categoría:Constelacións