Kas é unha marca dunha bebida carbonatada (refresco) con sabores a laranxa, limón e mazá, pertencente á multinacional estadounidense PepsiCo.
Historia As orixes da empresa están nunha bebida chamada “La Sucursal” que iniciaron a producir en 1926. Os irmáns Román e José María Knörr, fabricantes de cervexa e gasosas de Vitoria (País Vasco), tiveron a idea de mesturar concentrado de zume de laranxa con gasosa en 1952.KAS rediseña su identidad y packaging Empezouse a comercializar en Vitoria, Áraba, País Vasco, no ano 1956. Anteriormente comercializábase co nome Zume de Laranxa "El As", pero os seus donos, a familia Knörr, decidiu incorporar a esta marca o K inicial do seu apelido. Curiosamente, ademais, a palabra kas significa gas en éuscaro.
A marca tivo éxito na zona cantábrica establecendo plantas de embotellado e distribución en Vigo, Irún, Barcelona, Palma ou Sevilla. Actualmente pertence á compañía estadounidense de bebidas e alimentos PepsiCo, que comprou a empresa matriz de Kas no ano 1992. Véndese en España, sur de Francia e Portugal.
Produtos Kas foi engadindo á súa marca outros sabores e mercados: Kas Laranxa (España) Kas Limón (España) Kas Manzana (España) Kas Uva (España) Kas Cola (España) Kas Fresa Esplosiva (Illas Canarias) Kas Tónica (España) Kas Toronja (México) Bitter Kas (España) Kas Guaraná (Brasil) Kas Guaraná Maracuyá (Brasil) Kas Guaraná Acerola (Brasil) Kas Uva Acerola (Brasil).
Polémicas En 1975 xurdiu a Koordinadora Abertzale Socialista (KAS), pertencente ao Movemento de Liberación Nacional Vasco (MLNV) na órbita do grupo terrorista ETA: Eta Político-Militar V Asemblea, ETA Militar V Asemblea, os partidos EHAS e HASI e os sindicatos LAK e LAB. O 18 de agosto de 1976, durante a celebración da Mesa de Alsasua, xurdiu Herri Batasuna (HB). As agrupacións políticas que integraban KAS organizáronse na contorna de HB.KAS A coincidencia nos nomes xerou confusión no mercado e malestar na empresa.Trabajadores de Vitoria solicitan precisión al utilizar las siglas KAS elpais.com
Notas
Véxase tamén Outros artigos Mirinda
Categoría:Bebidas refrescantes