miniatura|Detalle dun mapa cartográfico feito por Ioannes Baptista Vrints, séc. XVII, coa lenda Hoc mysterium firmiter profitemur. miniatura|IN HOC MISTERIVM FIDEI FIRMITER PROFITEMVR Hoc hic mysterium fidei firmiter profitemurLugo (concello). Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Edición en DVD. 2005. é o lema latino que aparece no escudo da cidade de Lugo. Tivo orixe no escudo do Reino de Galicia.

Características A súa tradución literal é "Aquí confesamos firmemente este misterio da fe", e alude ao feito de estar o Santo Sacramento exposto ininterrompidamente no altar da catedral lucense, feito excepcional ademais de privilexiado que posúe xa dende a Idade Media ata a actualidade e que lle valeu a Lugo o sobrenome da Cidade do Sacramento.

O propio lema foi trasladado dende o escudo do reino de Galicia, onde aparece en representacións gráficas a partir do século XVII.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugo Escudo de Lugo Reino de Galicia

Categoría:Locucións latinas Categoría:Historia de Galicia Categoría:Historia de Lugo Categoría:Símbolos de Lugo