miniatura|dereita|250px|Anxélica e Medoro. Bartholomäus Spranger, nado en Anveres o 21 de marzo de 1546 e finado en Praga en agosto de 1611, foi un pintor e gravador flamengo, representante do estilo maneirista.
Traxectoria Discípulo de Jan Mandyn e de Cornelis van Dalem, viaxou a Italia (Milán e Parma) e a Francia, o que o levou a incorporar o seu estilo á corrente maneirista, que se estaba a desenvolver nesas datas.
Viviu durante unha tempada en Roma, traballando para grandes comitentes, como os Farnese e os Caprarola, e chegando mesmo a ser nomeado pintor papal no ano 1570. Algo máis tarde pasou a traballar como pintor da corte en Viena e en Praga, entre os anos 1575 e 1611.
Spranger non produciu moitas obras de tema sacro, preferindo case sempre o ámbito mitolóxico. O seu maneirismo, moi elaborado e sólido, é reputado como un dos mellores entre os artistas de fóra de Italia.
Obras Obras da primeira época Paisaxe de montaña con aldea primitiva (1569) - Staatliche Kunsthalle, Karlsruhe. Paisaxe de montaña con ermida (1569) - Staatliche Kunsthalle, Karlsruhe. Período romano O Xuízo Final (1571) - Pinacoteca Nazionale de Torino. Conversión de Saúl (v. 1573) - Milán, Pinacoteca Ambrosiana. Retablo do Martirio de San Xoán Evanxelista (antes de 1574) - Roma, San Xoán de Laterano. San Xurxo como vencedor do dragón (ca. 1574-1575) - Budapest, Szépmüveszti Múzeum. Período centroeuropeo Resurrección de Cristo (ca. 1576) - Praga Narodni Galerie. Anxèlica e Medoro (ca. 1580) - Múnic, Alte Pinakothek. Salmacis e Hermafrodita (ca. 1580) - Kunsthistorisches Museum, Viena. Glauco e Escila (ca. 1580-82) - Viena, Kunsthistorisches Museum. Hèrcules i Dejanira (ca. 1582) - Viena, Kunsthistorisches Museum. Hermes e Atenea (fresco, ca. 1584-85) - Castelo de Praga. Hércules e Omfalia (ca. 1585) - Viena, Kunsthistorisches Museum. Vulcano e Maia (ca. 1585) - Viena, Kunsthistorisches Museum. Venus e Adonis (ca.1586) - Ámsterdam, Rijksmuseum. "Sine Cerere et Baccho friget Venus" (Sen Ceres e Baco arrefece Venus) (1590) - Viena, Kunsthistorisches Museum. Epitafio de Nikolaus Müller (ca. 1592) - Praga, Narodni Galerie. Triunfo da sabedoría sobre a ignorancia (ca. 1592) - Viena, Kunsthistorisches Museum. Adoración dos Reis Magos (ca. 1595) - Londres, National Gallery. Venus e Adonis (ca. 1596) - Viena, Kunsthistorisches Museum. Alegoría da Xustíza e da Prudencia (ca. 1599-1600) - París, Museo do Louvre. San Sebastiàn (ca. 1602) - Praga, igrexa de San Tomé. Venus na fragua de Vulcano (ca. 1607-1610) - Viena, Kunsthistorisches Museum.
Categoría:Pintores de Flandres Categoría:Nados en 1546 Categoría:Finados en 1611 Categoría:Nados en Anveres