Con saias e a rachar (en ) é unha comedia de 1959 de Billy Wilder protagonizada por Marilyn Monroe, Tony Curtis, Jack Lemmon, George Raft, Pat O'Brien, Joe E. Brown e Nehemiah Persoff. A película foi adaptada por Billy Wilder e I.A.L. Diamond partindo dunha historia de Robert Thoeren e Michael Logan. Logan escribira a historia (sen gánsteres) para unha película alemá, Fanfaren der Liebe (dirixida por Kurt Hoffmann en 1951), así que a película de Wilder é considerada por algúns como un remake. Foi lanzada o 29 de marzo de 1959, distribuída por United Artists (comprada en 1981 por MGM) e custou pouco máis de 2'8 millóns de dólares.

Sinopse

Dous músicos, Joe e Jerry, presencian o Masacre de San Valentín en Chicago en 1929, feito pola Mafia. Son perseguidos polos gánsteres, que queren desfacerse destas incómodas testemuñas e ao non ter diñeiro e para fuxir de Chicago, disfrázanse de mulleres e ingresan nunha banda de mozas, pasando a chamarse Josephine e Daphne. A banda diríxese a Florida. Joe e Jerry namóranse da cantante e intérprete de ukelele, Sugar, e compiten por chamar a súa atención, á vez que loitan por que non se descubra que son homes. En Florida, o millonario Osgood namórase de Daphne/Jerry, mentres Joe adopta unha dobre personalidade masculina/feminina e vístese imitando a Cary Grant, finxe ser millonario para conquistar a Sugar. A Mafia chega a Miami finalmente e descobre ás testemuñas.

Personaxes miniatura|Tony Curtis e Marilyn Monroe en Con saias e a rachar Marilyn Monroe como Sugar "Kane" Kowalczyk Tony Curtis como Joe/"Josephine"/"Shell Oil Junior" Jack Lemmon como Jerry (Gerald)/"Daphne" George Raft como "Spats" Colombo Pat O'Brien como Axente Mulligan Joe E. Brown como Osgood Fielding III Nehemiah Persoff como "Little Bonaparte" Joan Shawlee como Sweet Sue Dave Barry como Mister Bienstock Billy Gray como Sig Poliakoff Barbara Drew como Nellie Weinmeyer George E. Stone como "Toothpick" Charlie Mike Mazurki como esbirro de Spats Harry Wilson como esbirro de Spats Edward G. Robinson Jr. como Johnny Paradise Beverly Wills como Dolores

Premios Gañou un Oscar por Mellor vestiario en branco e negro (Orry-Kelly) e foi nomeada para Mellor actor (Jack Lemmon), Mellor dirección de arte-set branco e negro, Mellor fotografía en branco e negro, Mellor director e mellor guión.

A película foi aclamada mundialmente como unha das mellores comedias xamais feitas (n.º 1 na Lista das grandes comedias da American Filme Institute e 14.º na Lista das 100 mellores películas americanas). A película foi considerada de "significado cultural" pola Biblioteca do Congreso de Washington e seleccionada para a súa preservación na National Filme Registry.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1959 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Billy Wilder Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes ambientados en 1929 Categoría:Filmes ambientados en Miami Categoría:Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América Categoría:Globo de Ouro á mellor película - Comedia ou musical Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1959 con versión en galego