Nickelback é un grupo de rock alternativo canadense procedente de Hanna formado en 1995.
Historia O inicio A banda vén do Canadá, dunha cidade chamada Hanna, Alberta (no oeste canadense). Foi formada na década dos 90 e iniciou a carreira en Vancouver. O grupo foi formado en 1996 cando o vocalista Chad Kroeger reuniu a seu irmán Mike Kroeger, e outro antigo amigo Ryan Peake para formaren unha banda; o cargo de batería inicialmente foi ocupado por Brandon Kroeger, curmán de Chad e Mike que máis tarde sería substituído por Ryan Vikedal. O batería Brandon Kroeger gravou apenas o primeiro álbum Curb e foi substituído por Mitch Guindon por un curto período de tempo até a entrada de Ryan "Nik" Vikedal. O disco The State de 1999 foi lanzado nos EUA en marzo de 2000, obtendo grande éxito nas radios cos singles "Breathe", "Leader of Men" e "Old Enough”.
Un feito curioso é que o álbum The State foi lanzado primeiro independente cunha cuberta, despois pola EMI, a gravadora de Nickelback no Canadá, con outra cuberta un pouco diferente, e reeditado pola Roadrunner nos EUA con outra capa, existindo un mesmo disco no mercado con tres cubertas diferentes.
Éxito comercial Silver Side Up (2001-2003)
A banda tornouse coñecida co tema "Leader of Men", mais foi co seu single "How You Remind Me" co que a banda deu o seu boom no mundo da música. Este tema, cuxa reprodución nas radios é intensa, deu a coñecer en 2001 o álbum Silver Side Up. Silver Side Up é un álbum constituído por unhas cancións de rock cunha tonalidade que por veces se torna un pouco máis heavy. Cancións de éxito como "How You Remind Me", a "Too Bad" e "Never Again". Nickelback ten varias influencias como por exemplo os Lifehouse, Staind e 3 Doors Down.
O álbum Silver Side Up, de 2001, foi producido polo veterano Rick Parashar, que xa traballara con Pearl Jam, e mesturado por Randy Staub (Metallica, U2). Foi gravado en setembro, en cinco semanas en Vancouver na Greenhouse Studios, (onde foi gravado tamén The State), tendo a participación da guitarra slide de Ian Thornley da banda Big Wreck.
"How You Remind Me" foi o primeiro single do álbum, que fixo que Nickelback escalase os postos de discos máis vendidos, esta música foi escrita en 15 minutos, nos ensaios antes de entrar a banda no estudio, sendo seleccionada para catro premios Grammy e para catro premios Billboard. Esta música foi a máis tocada en 2002 nos EUA, de acordo coa Billboard, dando o título a Nickelback de artistas de rock máis tocados nos EUA en 2002 en todos os formatos de radio.
O grande éxito de Silver Side Up fixo que Nickelback recibise disco de platino en Alemaña e nos Países Baixos, na Australia recibiu o platino duplo, no Reino Unido o platino triplo, nos Estados Unidos recibiu o disco de platino quíntuplo, na súa terra natal, Canadá recibiu oito veces o disco de platino e mais dez discos de platino ao redor do mundo.
The Long Road (2003-2005)
The Long Road foi gravado parte na Greenhouse Studios e parte no estudio da casa de Chad, tamén en Vancouver e é o traballo máis honesto, agresivo e emocional deles. Segundo Chad Kroeger: “Os fans do verdadeiro rock and roll van ter unha sorpresa, o álbum está menos en relación a min e a cousas que pasei, é sobre experiencias que cada un de nós podemos pasar e o que podemos aprender con iso, é o primeiro álbum sen ningunha influencia de fóra, traballamos xuntos para gravar un disco que realmente queríamos gravar, sen ningunha inhibición, non podería ser doutro xeito”.
A banda ten unha longa e impresionante historia de´éxito construída tanto na estrada como nos grandes singles que lanzaron e que alcanzaron posicións incríbeis nos airplays das radios a nivel mundial. Con Silver Side Up, o seu terceiro álbum, a banda alcanzou vendas superiores a nove millóns de discos, despois, outro álbum exitoso foi o The Long Road de 2003, tamén con máis de 9 millóns de copias, co suceso "Someday".
All the Right Reasons (2005-2008)
Lanzado en 2005, o álbum All the Right Reasons tivo unha inesperada repercursión por todo o mundo concluíndo en máis de seis singles como "Photograph", "Far Away", "Savin' Me", "Rockstar", "Animals" entre outras, segundo fontes da Billboard a banda é a única da historia en permanecer máis de 102 semanas entre o Top 10 mundial, e tendo o álbum de rock máis vendido dese século, e recibindo o título de Álbum da Década con vendas superiores a 600.000 só no Canadá, máis de 7 millóns nos Estados Unidos de América, e diversos platinos e multi-platinos superando a incríbel marca de 15 millóns de álbums vendidos.
2008 - presente
O 18 de novembro de 2008 lanzaron o seu novo álbum chamado Dark Horse, e foi producido por Robert "Mutt" Lange.
O 27 de setembro de 2011 lanzaron á venda en iTunes os dous primeiros singles de Here and Now chamados "When we stand together" e "Bottoms up", saíndo á vendo o álbum o 21 de novembro de 2011.
Integrantes Formación actual
Chad Kroeger (vocal, guitarra) Ryan Peake (guitarra, back-vocal) Mike Kroeger (baixo) Daniel Adair (batería, back-vocal)
Ex-membros
Brandon Kroeger - batería (Álbum: Curb) Ryan Vikedal - batería (Álbums: The State, Silver Side Up e The Long Road)
Discografía Álbums
1996 - Curb 1999 - The State 2001 - Silver Side Up 2003 - The Long Road 2005 - All the Right Reasons 2008 - Dark Horse 2011 - Here And Now 2014 - No Fixed address 2017 - Feed the Machine 2022 - Get Rollin'''
Álbums recompilatorios 2002 - Three-Sided Coin 2013 - The Best Of Nickelback - Volume 1 EPs
1996 - Hesher Bandas sonoras
2000 - Book of Shadows: Blair Witch 2 (coa música "Old Enough") 2002 - The Scorpion King (coa música "Yanking Out My Heart") 2002 - Spider-Man - Trilha Sonora 2003 - Daredevil: The Album' 2003 - Charlie's Angels: Full Throttle (coa música "Saturday Night's Alright (For Fighting)" feat. Kid Rock) 2004 - The Punisher: The Album 2006 - The Hills Have Eyes (coa música "Too Bad")
Singles
AnoTítuloPosiciónsÁlbumU.S. Hot 100U.S. Mainstream RockU.S. Modern RockUK Singles ChartARIA ChartsCanadáNova ZelândiaUnited World Chart1996"Fly"--------Curb2000"Leader of Men"-821-----The State2000"Old Enough"-24------The State2000"Breathe"-1021-----The State2000"Worthy to Say"--------The State2001"How You Remind Me"11142143Silver Side Up2002"Too Bad"42169561--Silver Side Up2002"Never Again"-12430-1--Silver Side Up2003"Someday"72464195The Long Road2004"Figured You Out"6514-101--The Long Road2004"Feelin' Way Too Damn Good"4832339402--The Long Road2004"Because of You"-7---3--The Long Road2004"See You at the Show"--------The Long Road2005"Photograph"213293146All the Right Reasons2006"Animals"97116-27---All the Right Reasons2006"Far Away"8--4021116All the Right Reasons2006"Savin' Me"19112977181220All the Right Reasons2006"Rockstar" 643764-13-15All the Right Reasons2006"If Everyone Cared" 1737--322-17All the Right Reasons2007"Side of a Bullet" -7------All the Right Reasons2008"Gotta Be Somebody"Dark Horse"Something in Your Mouth""If Today Was Your Last Day"2009"Burn It to the Ground""I'd Come for You""Never Gonna Be Alone""Shakin' Hands"2010"This Afternoon"2011"When We Stand Together"Here and Now"Bottoms Up"2012"This Means War""Lullaby""Trying Not to Love You"2014"Edge of a Revolution"No Fixed Address"What Are You Waiting For?""Million Miles an Hour"2015"She Keeps Me Up""Satellite""Get 'Em Up"2016"Dirty Laundry"2017"Feed the Machine"Feed the Machine"Song on Fire""Must Be Nice"2020"The Devil Went Down to Georgia"
Hits de éxito As músicas conseguiron o alto das listas dos EEUU e Canadá.
{| class="wikitable" !align="center" rowspan="2"|Ano !align="center" rowspan="2"|Single !align="center" colspan="4"|Mellores Posicións
!width="60"|Hot 100 !width="60"|Main Rock !width="60"|Modern Rock !width="60"|Canadá
|rowspan="1"|2001 |align="left"|"How You Remind Me" |align="center"|1 |align="center"|1 |align="center"|1 |align="center"|1 |- |rowspan="2"|2002 |align="left"|"Too Bad" |align="center"|42 |align="center"|1 |align="center"|6 |align="center"|1 |- |align="left"|"Never Again" |align="center"|- |align="center"|1 |align="center"|24 |align="center"|1
|rowspan="1"|2003 |align="left"|"Someday" |align="center"|7 |align="center"|2 |align="center"|4 |align="center"|1 |- |rowspan="1"|2004 |align="left"|"Figured You Out" |align="center"|65 |align="center"|1 |align="center"|4 |align="center"|1
|rowspan="1"|2005 |align="left"|"Photograph" |align="center"|2 |align="center"|1 |align="center"|3 |align="center"|1 |- |rowspan="3"|2006 |align="left"|"Animals" |align="center"|97 |align="center"|1 |align="center"|16 |align="center"|- |- |align="left"|"Far Away" |align="center"|8 |align="center"|- |align="center"|- |align="center"|1 |- |align="left"|"Savin' Me" |align="center"|19 |align="center"|11 |align="center"|29 |align="center"|1 |- |rowspan="1"|2007 |align="left"|"Rockstar" |align="center"|6 |align="center"|- |align="center"|- |align="center"|- |- bgcolor="#CCCCCC" |rowspan="1"| |align="center"|Totais de Hits "Numero Un" |align="center"|1 |align="center"|6 |align="center"|1 |align="center"|'8
Bootlegs
2001 - Almost Acoustic Christmas 2002 - Somewhere Close to Hollywood 2002 - High Voltage Live Radio Show 2003 - For Tribe Generation EP 2003 - Live in Toronto, Canada 2005 - Live in Maplewood, Minnesota DVDs
2002 - Live At Home ( 29 de outubro de 2002) 2003 - The Videos (23 de setembro de 2003) 2004 - Road to Success 2005 - Photo Album (4 de outubro de 2005) 2006 - Pictures (12 de setembro de 2006) 2007 - All the Right Reasons (10 de xullo de 2007) 2008 - Live at Sturgis 2006''
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais do Canadá Categoría:Artistas de Republic Records