1775 (MDCCLXXV) foi un ano común comezado en domingo segundo o calendario gregoriano.

Acontecementos Auxe en China da seita relixiosa secreta "Loto Branco" (pai-lien chiao) baixo a dirección de Liu Sung.

Ciencia e tecnoloxía O francés Duperron inventa a metralladora, mais o seu desenvolvemento práctico terá que esperar aínda.

Nacementos 20 de xaneiro - André Marie Ampère, físico francés (m. 1836). 27 de xaneiro - Friedrich Schelling, filósofo alemán (m. 1854). 9 de xuño - Georg Friedrich Grotefend, filólogo alemán (m. 1853). 16 de decembro - Jane Austen, escritora británica (m. 1817).

Mortes Felipe de Castro, escultor galego neoclasicista (n. 1711). Xosé Gambino, escultor galego (n. 1719). Yemelián Ivánovich Pugachev (n.1742), cosaco ruso que encabezou unha rebelión contra o goberno czarista.

Véxase tamén Outros artigos Historia ano a ano

Categoría:1775