Iván Pozo, nado en Vigo o 26 de agosto de 1979, é un boxeador galego que pelexa na categoría dos peso mosca. Traxectoria
A pesar de inicios persoais difíciles, axiña se fixo un sitio no boxeo de nivel galego e estatal. En 2004 conseguía o campionato de España, título que revalidaba en setembro de 2005. En xullo de 2005 conseguía ademais o título de campión de Europa, fronte ao italiano Andrea Sarritzu, título que perdería posteriormente, en 2007, diante do mesmo púxil. En 2009 recuperouno ao derrotar aos puntos o francés Christophe Rodríguez. O árbitro parou a pelexa no noveno asalto, logo de que o francés lle abrise a cella involuntariamente a Pozo, e non lle parase de sangrar. O posuidor do título, o tamén francés Bernard Inom, non quixo defendelo tras a súa retirada do boxeoIván Pozo recupera el cinturón de campeón de Europa en peso mosca, As, 17/1/2009.
Combateu por primeira vez polo título mundial dos peso mosca da Organización Mundial do Boxeo contra o arxentino Omar Narváez, o 9 de maio de 2008, no pavillón das Travesas de Vigo. O combate, a doce asaltos, rematou coa retirada do galego antes de comezar o oitavoIván Pozo tira a toalla y da a Narváez outro campionato do mundo , Galicia-e, 10/05/08, e non puido pois lograr o cetro de campión do mundo. De momento ningún galego o conseguiu.
Está representado por Lorenzo Sanz, é amigo persoal do futbolista Míchel Salgado, e o seu promotor é o personaxe televisivo español Kiko Matamoros. O seu adestrador é Francisco Amoedo.
Notas
Categoría:Boxeadores de peso mosca Categoría:Boxeadores de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1979 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes