+ Waterpolo Pla-Za Zaragoza Cidade Zaragoza País España Ano de fundación: 2000Ano de desaparición2008 PavillónStadium Miralbueno El Olivar Derradeiro adestrador Ignacio Lobera Derradeiro 2º adestrador Ramón Alconchel Derradeiro delegado Vicente Cañas

O Waterpolo Pla-Za Zaragoza foi un club de wáter-polo español da cidade de Zaragoza, na Comunidade Autónoma de Aragón, que participou na División de Honor de Wáter-polo, máxima categoría nacional deste deporte. O derradeiro adestrador do seu cadro de xogadores foi Ignacio Lobera.

Historia

O club Waterpolo Pla-Za Zaragoza naceu en 2000, ano no que o Stadium Miralbueno El Olivar ascendeu á División de Honor de Wáter-polo, ao que se lle cambiou o nome por mor de patrocinios e intereses comerciais. O club contou dende un primeiro momento co apoio de tódalas institucións aragonesas, dende o concello ata o goberno autonómico, facendo do club un equipo que representase a toda a comunidade. Ademais, a permanencia na elite do club durante todo este tempo deu lugar á promoción do wáter-polo en categorías infantís e xuvenís, así como á creación de escolas ou á promoción do deporte.

Malia mater a categoría ao gañar na promoción ao Horta, o club presentou as úa renuncia ao finalizar a tempada de 2008,​ por problemas financeiros."La crisis deja sin vitaminas al deporte español". Las Provincias. 21 de decembro de 2008.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Liga Española de Wáter-polo División de Honor de Wáter-polo

Zaragoza Categoría:Deporte en Zaragoza