Sir Wilfred Patrick Thesiger, nado en Adís Abeba o 3 de xuño de 1910 e morto o 24 de agosto de 2003, foi un explorador británico e escritor de libros de viaxes.

Traxectoria Naceu en Addis Abeba, daquela pertencente a Abisinia, hoxe Etiopía. O seu pai foi un diplomático da coroa británica e fíxoo educar no colexio Eton e en Oxford. Pronto volveron a África, onde se axuntou ó servizo político do Sudán e logo, durante a segunda guerra mundial loitou nas recentemente creadas SAS (Special Air Service, "Servizo aéreo especial") no norte de África. Máis tarde traballou en Arabia dentro da DLRO (Desert Locusts Research Organisation, "Organización para a investigación sobre a lagosta do deserto") e as súas viaxes abrangueron terras de Iraq, Persia (actualmente Irán), Curdistán, Abisinia (hoxe Etiopía), o Sudán, a antiga África occidental francesa, Paquistán e Kenya. Tras todas estas viaxes volveu a Inglaterra contra o ano 1990 e foi nomeado oficialmente cabaleiro da coroa británica en 1995.

Libros de viaxes Thesiger é coñecido tamén polos seus dous libros de viaxes: Arabian Sands, "Areas de Arabia" (1959) conta as súas viaxes no Cuarto crecente baleiro, que cruzou dúas veces (v. Rub al-Khalí), entre 1945 e 1950 narrando cun retrato romántico a súa aventura e o esvaecemento da cultura e xeito de vida dos beduínos; A The Marsh Arabs, "Cos árabes das marismas" (1964) que é un relato sobre os pobos que tradicionalmente viviron nos pantanos do sur de Iraq.

Thesiger tirou moitísimas fotografías durante as súas viaxes e finalmente doou a súa enorme colección de 25.000 negativos ó museo Pitt-Rivers de Oxford.

Citas Nunca foi precisamente partidario da cultura dos Estados Unidos e chegou mesmo a dicir o seguinte:

Sarah Wheeler, escritora de literatura de viaxes, autora de Travels in a Thin Country, "Viaxes por un estreito país" dixo del:

Notas

Véxase tamén Bibliografía Donovan Meister & George Steinmetz (2005) Media luna vacía. En: Revista National Geographic edición española de febreiro de 2005.

Categoría:Xeógrafos do Reino Unido Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores de Inglaterra Categoría:Nados en Adís Abeba Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 2003