Corona Borealis ou Coroa Boreal é unha pequena constelación boreal. As súas principais estrelas forman un arco semicircular. Esta é unha das 88 constelacións modernas, e foi tamén unha das 48 constelacións listadas por Tolomeo, quen referiu á constelación coma Coroa. A palabra Borealis foi engadida despois, en contraste coa Corona Australis, a Coroa Austral.

Non ten estrelas de primeira magnitude. A súa estrela máis brillante, α CrB (Alphecca, tamén coñecida coma Gemma) ten unha magnitude de 2,2 (lixeiramente variable) e é considerada membro difuso da asociación estelar da Ursa Major. A constelación contén moitas estrelas variables interesantes: dúas das máis coñecidas son R Coronae Borealis e T Coronae Borealis.

Estrelas Estrelas principais α Coronae Borealis (Alphecca, Gemma ou Gnosia), de magnitude 2,22 e situada a 72 anos luz da Terra, é unha estrela binaria cunha compañeira que xira ó seu redor nun período de 17,4 días. β Coronae Borealis (Nusakan). De magnitude 3,66 tamén é un sistema binario. γ Coronae Borealis, de magnitude 3,81 forma parte dun sistema triplo e está a 140 anos luz da terra. θ Coronae Borealis, estrela binaria de magnitude 4,14, cunha compoñente principal que é unha variable eruptiva. κ Coronae Borealis, xigante laranxa de magnitude 4,82 cun planeta extrasolar. ν Coronae Borealis, binaria óptica formada por dúas xigantes vermello-alaranxadas, ν1 Coronae Borealis e ν2 Coronae Borealis. ρ Coronae Borealis, de magnitude 5,39 ten un planeta extrasolar.

Outras estrelas con designación de Bayer 10/δ CrB 4,59 atópase a 165 anos luz da Terra. 13/ε CrB 4,14; 7/ζ1 CrB 6,00; 7/ζ2 CrB 5,07; 2/η CrB binaria 4,99 - 6,08; 14/ι CrB 4,98; 12/λ CrB 5,43; 6/μ CrB 5,14; 20/ν1 CrB 5,20; 21/ν2 CrB 5,40; 19/ξ CrB 4,86; 1/ο CrB 5,51; 9/π CrB 5,57; 17/σ CrB binaria 5,23 - 6,66; 16/τ CrB 4,73; 18/υ CrB 5,80

Outras estrelas notables R Coronae Borealis, estrela variable de magnitude 5,85, superxigante amarela que perde intensidade a intervalos irregulares. Dá nome a un tipo de variables. T Coronae Borealis, nova recorrente que estourou nos anos 1866 e 1946.

Obxectos Notables do espazo profundo Corona Borealis non contén obxectos do espazo profundo brillantes. Abell 2065 é un cúmulo de galaxias que contén cerca de 400 membros, o máis brillante deles é de magnitude 16.

Mitoloxía 150px|miniatura|Corona Borealis e Bootes.

Na mitoloxía grega a coroa pertence a Ariadna, filla do rei de Minos. Ariadna non quería acepta-la proposta de matrimonio de Dioniso, que tiña forma mortal, pois non quería casar cun humano despois de ser abandonada por Teseo. Para probar que era un deus, Dionisio quitouse a coroa e lanzouna ó ceo. Ariadna, compracida, casou con el e tornou inmortal.

Outra lenda di que Dionisio agasallou a Ariadna unha coroa coma presente de vodas. Cando ela morreu, o deus lanzou a coroa ó ceo onde ficou coma constelación. Posteriormente Ariadna foi divinizada por Zeus.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Corona Australis

Ligazóns externas

The Deep Photographic Guide to the Constellations: Corona Borealis Star Tales – Corona Borealis

Categoría:Constelacións