Prospero Alpini, ou Prosper Alpinus, nado en Marostica (República de Venecia) o 23 de novembro de 1553 e finado en Padua o 23 de novembro de 1617, foi un botánico e médico italiano. Traxectoria Serviu durante un tempo no exército de Milán, pero en 1574 comezou a estudar medicina na Universidade de Padua. Despois da súa graduación en 1578 exerceu en Campo San Pietro, unha pequena vila na comarca de Padua. O seu interese pola botánica, en especial as plantas exóticas, levouno a viaxar a Exipto en 1580 como médico do embaixador veneciano no Cairo, onde pasou tres anos. Da observación do cultivo da palmeira datileira deduciu a diferenza sexual das plantas.
Á súa volta a Italia residiu durante un tempo en Xénova como médico de Andrea Doria, e en 1593 exerce de profesor de botánica en Padua ata a súa morte. A súa obra máis coñecida é De Medicina Egyptiorum (1592), onde describe por primeira vez en Europa a cafeeira.
Categoría:Biólogos de Italia Categoría:Nados en 1553 Categoría:Finados en 1617 Categoría:Nados na provincia de Vicenza Categoría:Alumnos da Universidade de Padua