Belén Regueira Leal, nada na Coruña o 1 de setembro de 1977, é unha xornalista galega.

Traxectoria Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou o seu contacto cos medios de comunicación presentando un programa de entrevistas e música chamado Chambo (1997). De aí pasou aos servizos informativos da Televisión de Galicia, onde presentou telexornais en distintas franxas horarias.

En 2005 comeza a presentar na Radio Galega o magacine da fin de semana, chamado Extrarradio, e en 2008, sen abandonar a radio, regresa á televisión para presentar O país dos ananos, un programa onde interveñen nenos de toda Galicia falando de todo tipo de temas. Este traballo valeulle o Premio Mestre Mateo á mellor comunicadora do ano 2008.

Desde mediados de 2009, coincidindo coa reestruturación da programación da Radio Galega e da TVG, suprimiuse o espazo Extrarradio e desde aquela Belén Regueira realiza tarefas de redacción no magacine Galicia por diante da Radio GalegaFicha do Galicia por Diante Consultado o 4 e febreiro de 2010.. Tamén colaborou periodicamente no semanario A Nosa Terra.

Deu voz ó Dicionario de pronuncia da lingua galega do Instituto da Lingua GalegaCréditos do Dicionario de pronuncia da lingua galega.

Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo 2008 á mellor comunicadora por O país dos ananos Premios Follas Novas do Libro Galego 2022 na categoría de Xornalismo Cultural

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Intervención en LGx15

Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Personalidades da Radio Galega Categoría:Presentadores da TVG Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1977 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela