Deltoya é o terceiro álbum de estudio do grupo de rock Extremoduro, gravado, producido e publicado por DRO o 15 de xuño de 1992.
No ano 1991, unha vez rematada a gravación e produción de Somos unos animales, o segundo disco do grupo, o álbum sae á rúa, pero a banda non cobra nada en concepto de dereitos de autor, razón pola que abandonan a discográfica coa que están nese momento, Área Creativa. É neste intre cando José Antonio Gómez, de DRO, amósase interesado en fichar por eles, xa que a popularidade do grupo, pese á súa nula promoción, é xa notoria. É factor determinante para o establecemento dun contrato con DRO o que o novo baixista do grupo, Carlos El Sucio, os coñeza a el e a José Carlos Sánchez, tamén da discográfica, de modo que lles é máis doado convencelos.
Así pois, xa cunha discográfica grande detrás, Extremoduro pode gravar sen problemas un novo disco. Este novo traballo é posibelmente o primeiro da súa etapa de madurez, e un dos máis elaborados da traxectoria do grupo. A produción mellorou moito desde o primeiro álbum, e esta entrega inclúe varios grandes éxitos da banda: "Sol de invierno", "De acero", "Bulerías de la sangre caliente", a homónima "Deltoya", "Volando solo", "Ama, ama, ama y ensancha el alma", "Papel secante" e "Estado policial"; "Ama, ama, ama y ensancha el alma" obtén a súa letra dun poema de igual título de Manolo Chinato, con quen o grupo colaborará en máis ocasións.
Deste álbum en adiante, Extremoduro permanecerá con DRO, unha vez asentado o seu estilo con este disco e confirmada a súa popularidade.
Lista de cancións
Categoría:Álbums de Extremoduro Categoría:Álbums musicais de 1992 Categoría:Álbums de DRO