O principado de Capua foi un estado autónomo da |Italia meridional xurdido no 900. Ocupaba grosso modo os confíns da provincia napolitana de Terra de Lavoro. 350px|miniatura|dereita|A península italiana polo ano 1000. Época longobarda Tras a caída do Imperio Romano, Capua foi devastada polos godos e polos vándalos, converténdose finalmente nun condado do Ducado de Benevento. No transcurso dunha loita de sucesión no Ducado, unha banda de sarracenos, a soldo de Radelchis I de Benevento e mandada polo bérber Halfun, saqueou e destruíu a cidade (841), obrigando á poboación a fuxir. A poboación abandonou a cidade en ruínas e refuxiouse primeiro en Sicopoli e, no 856, na beira do río Volturno, no lugar onde estaba o porto fluvial romano de Casilinum. Así se fundou a "Nova Capua", continuación histórica e natural da antiga Capua osco-campana.
No 899 o Conde Atenulfo I, conquista Benevento anunciándoa xuridicamente inseparábel de Capua, e no 900 obtén o título de príncipe de Capua, elevando así o seu feudo; introduciu tamén a correxencia, concepto polo cal os fillos eran asociados ao goberno polos pais; o Principado Capuano converteuse ben logo nun estado autónomo dentro do Sacro Imperio Romano, estendéndose sobre toda a Terra de Lavoro ata o límite norte limitado polo río Garigliano, dominando sobre vilas e burgos estratéxicos, cales Caserta, Teano, Sessa, Venafro e Carinola; ao medrar o seu poder ulteriormente, chegou a dominar tamén o Ducado de Nápoles, Monte Cassino, sede dunha importante abadía, e Gaeta, opulento porto tirrénico.
Cara a finais do século X, Capua acada o seu apoxeo: o príncipe Pandulfo I Testadiferro (961 - 981), coa conquista do Principado de Salerno (978), reunificou por primeira vez os dominios da Italia longobarda meridional, chamada Langobardia Minor. Ademais, o papa Xoán XIII, exiliado de Roma entre o 965 e o 966, concedeulle a elevación de Metropolitana á Igrexa Capuana pola súa axuda.
O ano 1059 representa a fin do potente principado longobardo, o conde normando de Aversa Ricardo I Drengot-Quarrel, conquístao.
Baixo o dominio longobardo, o Principado mantiña relacións diplomáticas anómalas: malia ser unha entidade estatal semidependente do Imperio, permanecía favorábel á política exterior de Bizancio.
Elenco dos Señores de Capua e cronoloxía esencial
Aparece aquí a listaxe cronolóxica dos Señores de Capua, desde o Condado ao Principado, longobardo primeiro e normando despois.
Condado de Capua (longobardos)
Landulfo I (840 - 842). 841, saqueo e destrución de Capua Vella polos sarracenos. Landón I (842 - 861), fillo de Landulfo I. 856, fundación de Capua Nova sobre as ruínas de Casilinum, nova capital do condado. Landón II (861), fillo de Landón I. Pandón (861 - 862). Pandenulfo (862), fillo de Landón I. Landulfo II (862 - 879). Pandenulfo (879 - 882), segundo período de rexencia. Landón III (882 - 885), fillo de Landón II. Landenulfo I de Teano (885 - 887), probábel parente de Landón III.
Principado longobardo de Capua
Atenulfo I (887 - 910), ata o 900 conde: desde o 900 príncipe de Capua (ata o 910) e Benevento (ata o 983). 899, conquista de Benevento. Atenulfo II (910 - 935), fillo de Atenulfo I. Landulfo III de Carinola (935 - 943) ou tamén Landulfo I de Benevento. Landulfo IV o roxo (943 - 961), fillo de Landulfo III. Pandulfo I Testa de Ferro (961 - 982), desde o 968 príncipe de Benevento e Capua. 978, conquista de Salerno. Landulfo V príncipe de Benevento e Capua (961 - 968). Landulfo VI (968 - 982), príncipe de Benevento e Capua. Landenulfo II (982 - 993). Aloara (982 - 992) rexente de Landenulfo. Laidulfo (993 - 999). Aldemaro (só no 999). Landulfo VII de Sant'Agata (999 - 1007). Pandulfo II (1007 - 1022), en correxencia con: Pandulfo III (1009 - 1016), fillo de Landulfo VII, rexente do 1009 ao 1014. Pandulfo IV (1016 - 1021), fillo de Pandulfo III. Pandulfo V (1020 - 1022), fillo de Pandulfo II. Pandulfo Conde de Teano (1022 - 1026). Pandulfo IV O Lobo dos Abruzzi (1026- 1039), segunda vez, ata o 1038 en correxencia con Pandulfo V. Guaimaro IV de Salerno (1038 - 1046). Pandulfo IV (1046 - 1050), terceira vez, desde o 1047 de novo en correxencia con Pandulfo V e con Landulfo VIII. Pandulfo V (1050 - 1057), terceira vez, aínda correxente de Landulfo VIII. Landulfo VIII (1057 - 1059), fillo de Pandulfo VII.
No 1059 o Principado foi conquistado polos normandos.
Principado normando de Capua
Ricardo Drengot Quarrel, conde de Aversa (1058 - 1078). No 1058 Ricardo conquistou o Principado de Capua e desde aquel momento o título de conde de Aversa foi incluído entre os propios dos príncipes de Capua. Xordano I (1078 - 1091). Ricardo II (só no 1091). Landón IV (1091 - 1098), da dinastía longobarda. Ricardo II (1098- 1106), segunda vez. Roberto I (1107 - 1120). Ricardo III (1120). Xordano II (1120 - 1127). Roberto II (1127 - 1135). Afonso d'Altavilla (1135 - 1137). Roberto II (só no 1137), segunda vez. Alfonso d'Altavilla (1137 - 1144), segunda vez. Guillerme d'Altavilla (1144 - 1155), rei de Sicilia do 1154 ao 1166. Roberto II (1155 - 1156), terceira vez.
No 1156 o Principado de Capua sofre a definitiva absorción por parte do Reino de Sicilia.
Véxase tamén
Capua. Longobardos. Normandos. Historia de Italia.
.
Categoría:Longobardos Categoría:Normandos Categoría:Historia de Italia Capua