Burbáguena é un concello aragonés da provincia de Teruel, situado na comarca de Jiloca. A súa poboación era de 301 habitantes en 2005.

Xeografía O concello de Burbáguena está sito, no suroeste de Aragón, no val do río Jiloca, a unha altitude de 814 msnm, e ocupa unha área de 30,9 km².

Historia O topónimo procede da antiga Burbacana ou Burbaca. En 1248, por privilexio de Jaume I, o lugar desligouse da dependencia de Daroca, pasando a formar parte de Sesma del Río Jiloca, na Comunidade de Aldeas de Daroca, que durante o antigo réxime, até 1838, dependía directamente do rei.

Patrimonio O centro histórico conserva construcións do renacemento aragonés, dos séculos XVI e XVII.

A igrexa da Nosa Señora dos Anxos, tamén coñecida como igrexa da Asunción, é un templo barroco construído no século XVIII en cadeirado, combinado con ladrillo nas partes altas. Forma un volume destacado e compacto dentro da localidade. En 2002 foi nomeada Ben de Interese Cultural, se ben no ano 2010 foi pechada por mor dunhas importantes grietas.

Xunto á igrexa consérvase un dos catro pazos que na zona posuía o marqués de Montemuzo.

Consérvanse as ruínas do castelo de Burbáguena, do século XII, manténdose partes da muralla e tres torres de pequeno tamaño.

Nos arredores da vila hai tres ermidas, de San Pedro Mártir, San Bernabé e San Nicolás.

Festas San Antón, 17 de xaneiro. San Pedro Mártir, 29 de abril (celébrase con frecuencia na fin de semana). San Bernabeu, 11 de xuño antes, actualmente na semana de San Roque en agosto.

Véxase tamén

Outros artigos Lista de concellos de Teruel

Ligazóns externas www.burbaguena.tk

Categoría:Concellos da provincia de Teruel