Maluenda é un concello da provincia de Zaragoza, situado na comarca da Comunidade de Calatayud. A súa poboación era de 1.075 habitantes en 2007. A localidade de Maluenda dista 80 km da capital provincial, Zaragoza.

Xeografía Maluenda está situado na parte dereita da ribeira do río Jiloca a unha altitude de 581 m. Ocupa unha superficie de 40,1 km².

Festas Santas Xusta e Rufina, 17 de xullo. Santa Cruz, 14 de setembro. Virxe do Pilar, 12 de outubro. Purísima Concepción, 8 de decembro.

Véxase tamén

Ligazóns externas www.maluenda.net

Categoría:Concellos da provincia de Zaragoza